Ulm
| Ulm | |
|---|---|
| Escudo | Mapa |
| Situación | |
| Topónimo oficial | {{{topofi}}} |
| País | |
| Estado federal | Baden-Württemberg |
| Rexión administrativa | Tubinga |
| Comarca (Landkreis) | Distrito Urbano de Ulm |
| Xeografía | |
| Elevación | 458-646 m |
| Área | 118,70 km² |
| Poboación (2007) | 121.434 hab. |
| Densidade | 1.023 hab./km² |
| Política | |
| Alcalde (Bürgermeister) | Ivo Gönner |
| Partido gobernante | SPD |
| Páxina web | www.ulm.de |
Ulm é unha cidade alemá do estado federado de Baden-Württemberg, situada entre Stuttgart no oeste e Augsburg e Múnic no leste, ás beiras do Danubio. O río separa Ulm de Neu-Ulm, a nova parte da cidade, que xa se atopa no estado federado de Baviera. Ulm é coñecido pola súa Catedral, santuario protestante de arquitectura gótica, coa torre de igrexa máis alta do mundo (161,53 m).
Índice |
[editar] Xeografía
Ulm está na desembocadura dos ríos Blau e Iller no Danubio. A maior parte da cidade está na beira esquerda do río, estando no outro costado a súa cidade xemelga, Neu-Ulm (nova Ulm), que cos seus 50.000 habitantes está situada no land de Baviera.
A cidade está dividida en 18 distritos: Ulm-Mitte, Böfingen, Donaustetten, Donautal, Eggingen, Einsingen, Ermingen, Eselsberg, Gögglingen, Grimmelfingen, Jungingen, Lehr, Mähringen, Oststadt, Söflingen (con Harthausen), Unterweiler, Weststadt e Wiblingen.
[editar] Historia
Ulm é mencionada por primeira vez en 854, sendo declarada cidade por Federico I Barbarroxa en 1164. Floreceu durante o século XVI, debido maiormente á exportación téxtil. Estes séculos representan o cénit da arte en Ulm, especialmente para pintores e escultores.
En 1803, deixou de ser unha "Cidade Libre Imperial" e foi absorbida por Baviera. Durante a batalla de Ulm de 1805, no marco das Guerras Napoleónicas, o exército francés fixo unha emboscada á invasión da armada austríaca en mans do Xeneral Mack en Ulm forzando a súa retirada. En 1810, foi incorporada no Reino de Württemberg, pertencente á Confederación do Rin.
En 1938, de novo pasou a ser unha "cidade libre" ou Stadtkreis, o que significa que non pertence a ningún dos distritos rurais da contorna, formando un de tipo urbano.
[editar] Economía
A proximidade de Stuttgart fai que boa parte da actividade industrial da cidade estea ligada á produción automotriz. EvoBus, a división de autobuses e autocares de Daimler, ten a súa planta de produción principal de vehículos da marca SETRA nesta cidade, así como unha planta de montaxe de camións de IVECO.
En xeral, o estado federado de Baden-Württemberg é unha das rexións economicamente máis prósperas de Alemaña e, naturalmente, da Unión Europea (UE).
[editar] Puntos de interese
- Sen dúbida a súa principal referencia é a Catedral de Ulm, coa torre de igrexa máis alta do mundo (161,53 m).
- O barrio dos pescadores coa Schliefes Haus do século XVI (actualmente un hotel) e o Alte Münz (un edificio medieval ampliado con estilo renacentista).
- Os restos da cidade que sobreviviron aos bombardeos.
- A Casa do Concello, construída no ano 1370.
[editar] Persoeiros
[editar] Ligazóns exterass
|
|||||||||