Calvert Watkins

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Calvert Watkins, nado en 1933, é un filólogo e lingüista estadounidense.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

É profesor emérito de lingüística e de Filoloxía clásica na Universidade Harvard e tamén “Professor-in-residence” na UCLA (Universidade de California de Los Angeles). A súa tese de doutoramento de doutorado, Indo-European Origins of the Celtic Verb I. The Sigmatic Aorist (Dublin Institute for Advanced Studies, 1962), que reflectía as ideas estruturalista de Jerzy Kuryłowicz, foi a base dunha nova perspectiva na lingüística comparada das linguas célticas e ao estudo do sistema verbal das Linguas indoeuropeas.

Watkins completou as súas contribucións aos estudos sobre a gramática indoeuropea coa publicación da Indogermanische Grammatik III/1: Geschichte der Indogermanischen Verbalflexion (1969). O seu labor sobre o vocabulario e a poética indoeuropea ten producido ata hoxe un amplo número de artigos publicados relativos (entre outras cousas) ás linguas célticas, anatólicas, grega, itálicas e indoiranias, materiais utilizados no posterior libro How to Kill a Dragon: Aspects of Indo-European Poetics (Oxford University Press, 1995).

Ademais contribuíu, no seu ámbito de competencia das linguas indoeuropeas, á primeira edición do The American Heritage Dictionary of the English Language e publicou The American Heritage Dictionary of Indo-European Roots (ISBN 0-618-08250-6).

A súa parella é a sanscritista Stephanie Jamison.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]