Estilicón

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Díptico de Estilicón, contra o ano 395.

Flavio Estilicón (Flavius Stiliccho en latín), nado contra o 359 e finado no 408, foi un xeneral e un político do Imperio romano.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Orixes[editar | editar a fonte]

Nado antes do 360, Estilicón era un bárbaro pola súa orixe. Era vándalo polo seu pai, sen dúbida comandante de escadrón de cabaleiría en tempos de Valente[1] e romano pola súa mai, unha provinciana de Panonia[2].

Até 400[editar | editar a fonte]

Adepto da seita de Ario, serviu inicialmente no exército romano como simple auxiliar, mais rapidamente ascendeu na escala de mando para chegar até magister militum (xefe de estado maior da milicia romana) desde 385. Casou cunha romana de estrato elevado, Serena, adquirindo de contado a cidadanía romana. En 398, Estilicón reforzou aínda máis a súa influencia sobre Honorio facéndoo casar con a súa filla María, e logo do pasamento desta, coa súa filla menor Thermantia. Despois da vitoria de Teodosio na batalla da Riparia Frigida en 394, Estilicón tomou o título de magister peditum praesentalis, a máis saliente das dignidades militares do Occidente romano.

En 395, o emperador, moribundo, Teodosio I, confíalle a rexencia do Imperio romano occidental en nome do xove emperador Honorio. Estilicón tenta estender a súa rexencia a Arcadio e ao Imperio romano oriental, enviando o oficial godo Gaínas a Constantinopla. Este elimina o prefecto do pretorio, Rufino, que dirixe o imperio en Oriente, porén Gaínas gaña a confianza de Arcadio para o seu propio interese (400).

Defensor do Imperio[editar | editar a fonte]

Xeneral enérxico, Estilicón protexeu con eficacia Italia contra as invasións bárbaras, mais a conta de trasladaren tropas que deixan desgornecida o limes, a fronteira do río Rin.

  • No 402, salva a Honorio, ameazado en Milán polos visigodos do rei Alarico. Derrótaos en Pollenza e Verona, rexeitándoos para a Iliria. A fin de asegurar unha mellor protección do emperador, fai trasladar a corte de Milán para Ravena e negocia con Alarico para asentar os visigodos na Iliria.
  • No ano 406, esmaga a invasión de Radagaiso, á cabeza dos ostrogodos e outros pobos, preto de Florencia. Mais non pode evitar a grande invasión do inverno de 406/407, que devasta a Galia, á par que comeza a gañarse a animosidade das tropas romanas, suscitando un amotinamento contra os oficiais de orixe xermánica, cada vez máis numerosos e influentes.

Caída[editar | editar a fonte]

Persuadido polo seu entorno de queEstilicón está a conspirar en contra súa, Honorio, ordena en 408 o seu asasinato. Estilicón, perseguido polos secuaces do emperador, refúxiase nunha igrexa en Ravena, tendo obtido a promesa de que lle sería respectada a vida se saía, foi ferido de morte por Heracliano en canto saíu pola porta, o 22 de agosto de 408.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. M. O’Flynn, Generalissimos of the Western Roman Empire, The Univ. of Alberta Press, 1983, p 15
  2. San Xerome, contemporáneo de Estilicón