Laverca

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Laverca
 Song (axuda ·  info)
XN Alauda arvensis.ogg Song
Estado de conservación
Risco baixo (LC)
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Clase: Aves
Orde: Passeriformes
Familia: Alaudidae
Xénero: 'Alauda'
Especie: ''A. arvensis''
Nome binomial
''Alauda arvensis''
Linnaeus, 1758

A laverca (Alauda arvensis), tamén chamada cotovía, é un paxaro pequeno da familia dos aláudidos (Alaudidae) moi notable polo seu canto.

Descrición[editar | editar a fonte]

Son paxaros de plumaxe pouco vistosa, duns 18 cm de lonxitude. Por riba son da cor da terra con listas negras. A parte inferior e abrancazada con debuxos negros no peito. A cola non é moi longa, e ten as beiras brancas, coma as puntas das alas, que son curtas e anchas (máis nos machos que nas femias). Teñen unha crista pequena de plumas na cabeza que poden subir e baixar. As patas son fortes, adaptadas para andar polo chan, no que pasan máis do tempos, procurando graos e insectos. No chan, desprázanse petro da terra, contra a que se agachan en caso de perigo.

O canto e un "trrlit" moi claro, que realiza voando alto en espirais sobre o seu territorio. Pode durar moitos minutos. Cando acaba a demostración sonora baixa o chan coas as pregadas, primeiro amodo e despois bruscamente.

Hábitat e distribución xeográfica[editar | editar a fonte]

Habita en campo aberto, sobre todo na estepa cultivada, campos de labranza, e prados de herba curta. Precisamente os cambios nos sistemas de cultivo dos cereais parecen estar afectando ás poboacións desta ave en moitas zonas da súa distribución, e causando unha forte redución. Crían en toda Europa agás Islandia e no norte de África. No leste e norte de Europa é estacional, emigrando ó sur no inverno, que pasan na cunca do Mediterráneo e en Oriente Próximo

Reprodución[editar | editar a fonte]

Alauda arvensis

Fai un niño de herbas no chan, ben agachado entre a vexetación e difícil de atopar. Pon entre 3 e 6 ovos. Poden criar máis dunha niñada en cada época reproductiva, mesmo chegando ás tres. En Europa adoitan poñer ovos en abril e en xuño, Os ovos son de cor branca amarelada con marcas castañas. Incuban uns 11 días, e os dous pais alimentan ós polos, que deixan o niño os 7 ou 9 días, uns dez días antes de poder voar. Son mantidos polos pais ata o mes de vida.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Laverca