Gábor Király
| Este artigo ou sección precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros de texto ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde abril de 2012.) |
| Gábor Király |
|||
|---|---|---|---|
| Nome completo: | Gábor Király | ||
| Alcume: | ' | ||
| Data de nacemento: | 1 de abril de 1976 | ||
| Lugar de nacemento: | Szombathely, Hungría | ||
| Data de falecemento: | |||
| Lugar de falecemento: | , | ||
| Nacionalidade: | |||
| Club actual: | TSV 1860 München | ||
| Posición: | Porteiro | ||
| Altura: | 1,90 metros | ||
| Partidos internacionais: | 89 | ||
| Goles: | |||
| Ano do debut: | |||
| Club do debut: | Haladás Szombathely | ||
| Ano do retiro: | |||
| Club do retiro: | |||
Gábor Király, nado o 1 de abril de 1976 é un futbolista húngaro que xoga no TSV 1860 München. A súa posición é a de porteiro.
Király naceu en Szombathely e comezou a súa carreira nunha escadra local, o Haladás Szombathely. En 1997 o clube xermano Hertha Berlín fíxose cos seus servizos, e alí ficaría ata o ano 2004 coma titular indiscutible. A súa marcha ese ano supuxo unha decepción para moitos afeccioados do Hertha, mais segundo el mesmo declarou, quería probar sorte na liga inglesa e o Crystal Palace fíxolle unha boa oferta.
Así, no verán do 2004 ficha pola escadra inglesa por tres anos, ata xullo do 2007. Tras comezar no banco dos suplentes a tempada pronto pasou a ser titular e a pesares das súas boas actuacións o equipo descendeu á 2ª división inglesa, chamada Championship.
Houbo rumores todo o verán do 2005 acerca do seu posible traspaso a clubes como o Arsenal e o Newcastle United mais todo quedou en nada. Arestora segue como porteiro titular do Palace, que tenta voltar á división de honra do fútbol inglés.
Internacionalmente Gábor leva 65 encontros con Hungría, aínda que a febleza do equipo fixo que aínda non participara en ningunha competición de primeiro nivel.
Coma curiosidade, en tódolos equipos nos que xogou levou sempre un pantalón de chándal gris, atuendo que hoxe xa se considera como "marca da casa".