József Bozsik
József Bozsik, nado en Kispest (distrito de Budapest) o 28 de novembro de 1925 e finado en Budapest o 31 de maio de 1978, foi un futbolista húngaro.
Traxectoria [editar]
József Bozsik, alcumado 'Cucu' pola súa avoa creceu xogando ó fútbol nos equipos locais de Kispest.
Cando tiña 11 anos, o KAC fixouse nel e fichouno para o seu equipo xuvenil. Debuta co primeiro equipo no ano 1943.
o 17 de agosto de 1947 xoga o seu primeiro encontro para a selección, sendo Bulgaria o seu rival. Bozsik xogaría un total de 101 encontros internacionais e anotaría 11 goles ata o seu retiro da selección no ano 1962. Nestes anos sería campión olímpico en 1952, subcampión do mundo en 1954 e participou nas goleadas de 6-3 e 7-1 a Inglaterra.
Bozsik foi considerado o mellor mediocentro atacante do mundo, cunha técnica e creatividade abraiantes, sendo unha das grandes estrelas da selección e do Hónved FC durante moitos anos.
Morreu ós 52 anos vítima dun ataque cardíaco.