Tórtola

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Tórtola
Vista da illa
GB Virgin Islands.png

Tórtola e o resto das Illas Virxes Británicas
Datos
Capital Road Town
País Reino Unido
Localización Mar Caribe
Arquipélago
Linguas
Poboación (2007) 23.908 hab.
Superficie 55´7 km²
Densidade
Coordenadas 18°25′N 64°35′W / 18.417°N 64.583°W / 18.417; -64.583
Maior Altura 530 m. Mount Sage
Localización
Caribbean - Tortola.PNG

Tórtola é a illa de maior tamaño e a mais coñecida das Illas Virxes Británicas, un grupo de illas que forma parte do arquipélago das Illas Virxes. A crenza local é que o nome foi dado por Cristovo Colón.

Xeografía[editar | editar a fonte]

Tórtola é unha illa montañosa de 19 quilómetros de longo e 5 quilómetros de ancho. A superficie total da illa é de 55,7 quilómetros cadrados. A illa foi formada pola actividade volcánica, o seu punto mais alto é Mount Sage de 530 metros de altitude. Tórtola está situada nas proximidades dunha falla, polo que terremotos de pequena frecuencia son frecuentes na illa.

Economía e Demografía[editar | editar a fonte]

A poboación Total de Tórtola é de 23.908 habitantes. A principal cidade é Road Town, que ademais é a capital das Illas Virxes Británicas.

Os servizos financeiros supón a principal fonte de ingresos da illa. A entrada en vigor dunha popular lei chamada International Business Companies Act a principios dos 80, permitiu un maior crecemento, así como a renovación do goberno. Os residentes das Illas Virxes Británicas en xeral, atópanse entre os que gozan dun maior nivel de vida, o que motivou que un gran número de habitantes doutras illas do Caribe trasladáronse ás illas para traballar.

A pesar de ser territorio británico, a moeda oficial é o dólar americano. A illa alberga moitas compañías offshore, que realizan negocios por todo o mundo.

Os visitantes chegan por barco ou avión a través da illa Beef e acceden a través do Queen Elizabeth Bridge ata Tórtola. As praias de area branca, como Cane Garden Bay, son un das principais atraccións da illa.

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

  • Tortola map Mapa da illa na páxina oficial de turismo das Illas Virgenes Británicas