Ricardo Fernández Carles

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaRicardo Fernández Carles
Biografía
Nacemento1913 Editar o valor em Wikidata
Valga, España Editar o valor em Wikidata
Morte18 de maio de 1948 Editar o valor em Wikidata (34/35 anos)
Teo, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónmembro da resistencia Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
Carreira militar
ConflitoGuerra civil española Editar o valor em Wikidata

Ricardo Fernández Carles, nado en Valga cara a 1913 e finado en Teo o 19 de maio de 1948, foi un guerrilleiro antifranquista galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Veciño de Pontecesures. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 interveu na defensa de Pontecesures e foi detido o 7 de novembro. Xulgado en Pontevedra por auxilio á rebelión o 1 de abril de 1937, foi condenado a 15 anos de prisión. Conmutáronlle a pena a dous anos e saíu de prisión en novembro de 1938. Abríronlle expediente de responsabilidades políticas. Foi membro do grupo de Miguel Nicolás Esperante "Corcheiro". Integrouse con Manuel Agrasar Cajaraville na V Agrupación do Exército Guerrilleiro de Galicia liderada por Benigno Andrade "Foucellas" e José Remuiñán Barreiro "Ricardito". O grupo foi avistado pola Garda civil en Loureiro (Luou) o 19 de maio de 1948. A benemérita incendiou a casa onde se refuxiaban os guerrilleiros e Ricardo morreu polos disparos das metralladoras xunto a Manuel Agrasar Cajaraville, Vicente López Novo e Florentino Menéndez; tamén morreu o garda civil Manuel Gardón Castro. "Foucellas" e "Ricardito" lograron fuxir.[1]

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Redondo Abal, Francisco Xavier (2006). Botarse ao monte. Censo de guerrilleiros antifranquistas na Galiza (1939-1965). Sada: Do Castro. ISBN 84-8485-231-8. 

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]