Salvador Valcárcel Montenegro

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Salvador Valcárcel Montenegro, Recaré, nado en Quinzán das Peras, parroquia de Argozón (Chantada) e finado o 11 de abril de 1939, foi un guerrilleiro antifranquista galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Fuxido dende o principio da sublevación do 18 de xullo de 1936, foi o líder dun grupo de guerrilleiros que actuaba no sudoeste da provincia de Lugo, principalmente no concello de Chantada. Formaba parte deste grupo Jesús López Suárez, Gazapo. Morreu nun enfrontamento coa Garda civil en Adá o 11 de abril de 1939.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Redondo Abal, Francisco Xavier (2006). Botarse ao monte. Censo de guerrilleiros antifranquistas na Galiza (1939-1965). ISBN 84-8485-231-8. 

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]