Roberto Alonso Díaz
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Roberto Alonso Díaz, coñecido como O Barbas, nado en 1913 e finado en 1948, foi un guerrilleiro galego antifranquista.
Traxectoria [editar]
Naceu na emigración cubana en Cienfuegos. Retornou a Galicia e participou co grao de sarxento na Guerra Civil, botouse ao monte tras a vitoria das forzas franquistas e organizou o seu propio grupo guerrilleiro con base na Serra de Meira e que actuaba entre Mondoñedo e Vilalba. Tiña como lugartenente a Perfecto Requeijo Rouco "O Tarrelo". Ambos acompañaron nalgunhas accións a Luís Trigo Chao "O Guardarríos". Detido en xaneiro de 1948, sometérono a tortura para que revelase onde se agochaba a súa partida e logo matárono.
Véxase tamén [editar]
Bibliografía [editar]
- Bernardo Máiz, Galicia na II República e baixo o franquismo, Vigo, 1988.
- Francisco Xavier Redondo Abal, Botarse ao monte, Sada, 2006