Eduardo Pérez Vega
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Eduardo Pérez Vega, Tameirón, nado no Tameirón (A Gudiña) en 1914, foi un guerrilleiro antifranquista galego.
Traxectoria [editar]
Xornaleiro e traballador do camiño de ferro da Gudiña, era militante da CNT. Desertou do exército franquista e integrouse no grupo de Manuel Girón Bazán a finais de 1937. Asistiu ao Congreso de Ferradillo. Foi axudante de Mario Morán García na xefatura da II Agrupación dende 1945. Logrou fuxir a Francia na compaña de Florentino Pérez no outono de 1948. De alí marchou a Venezuela.
Véxase tamén [editar]
Bibliografía [editar]
- Redondo Abal, Francisco Xavier (2006). Botarse ao monte. Censo de guerrilleiros antifranquistas na Galiza (1939-1965). ISBN 84-8485-231-8.