Manuel Álvarez Arias

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Manuel Álvarez Arias, coñecido como O Bailarín, nado en Casaio (Carballeda de Valdeorras) e finado en Ourense en 1943, foi un guerrilleiro antifranquista galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

No outono de 1936 logo da sublevación militar botouse ao monte e formou un grupo de guerrilleiros que tiña a súa base na Serra do Eixe. Tras a desfeita da fronte norte en 1937 o seu grupo reforzou a súa posición coa chegada de antigos combatentes desa fronte, chegando á trintena de membros. Contrario a calquera tipo de organización, tivo enfrontamentos cos asturianos (Marcelino Fernández Villanueva) e os leoneses (Manuel Girón Bazán, Marcelino de la Parra Casas). Mantiña contactos coa oposición portuguesa e utilizaba a fronteira dese país como refuxio. O 2 de agosto de 1940 entregouse no Barco de Valdeorras á Garda Civil, comprometeuse a denunciar os seus antigos compañeiros a cambio da súa liberdade. Pero non chegou a delatalos e foi encarcerado polas autoridades. Foi xulgado e executado no cárcere de Ourense o 12 de xuño de 1943.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Máiz, Bernardo (1988). Galicia na II República e baixo o franquismo. ISBN 84-7507-320-4.
  • Reigosa, Carlos G. (2005). La agonía del león. Esperanza y tragedia del Maquis. ISBN 84-206-4322-X.