Melchor Díaz

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Melchor Díaz foi un político e guerrilleiro antifranquista galego coñecido co sobrenome de Pepito.

Membro do PCE actuou como como enlace no seo da guerrilla antifranquista e foi o encargado de reorganizar, sen éxito, a 5ª Agrupación Guerrilleira que pretendía actuar na provincia de Pontevedra. En 1950 ocupou a secretaria do organización do Comité Rexional de Galicia do PCE coa misión de reconstruír o aparato do partido en Galicia. En maio de 1951, debido á presión das forzas policiais, marchou a Francia, de volta a Galicia co posto de secretario xeral dos comunistas galegos morreu nun enfrontamento coa Garda Civil en xullo de 1952.

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Bernardo Máiz, Galicia na II República e baixo o franquismo, Xerais, 1988
  • Secundino Serrano, Maquis. Historia de la guerrilla antifranquista, Temas de Hoy, 2002