Antonio Ulloa Regueiro

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaAntonio Ulloa Regueiro
Biografía
Nacemento1905 Editar o valor em Wikidata
Torallo, España Editar o valor em Wikidata
Morte24 de setembro de 1942 Editar o valor em Wikidata (36/37 anos)
Becerreá, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónmembro da resistencia Editar o valor em Wikidata
Carreira militar
ConflitoGuerra civil española Editar o valor em Wikidata

Antonio Ulloa Regueiro, coñecido como Ulloa e Torallo, nado en Torallo (Agüeira, Becerreá) en 1905 e finado no mesmo concello o 24 de setembro de 1942, foi un guerrilleiro antifranquista galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Vinculado ao PCE. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detido o 20 de novembro. Estivo preso no depósito municipal de Becerreá, pero logrou fuxir con Manuel Fernández Núñez e outros 14 presos o 7 de decembro. Botouse ao monte e dirixiu un grupo de tres a seis fuxidos que actuaban pola comarca dos Ancares. Foi reclamado polo xuíz de Becerreá na instrución do expediente da Comisión Provincial de Incautación de Bens en decembro de 1937.[1] Foi reclamado polo xuíz militar de Lugo acusado de auxilio á rebelión na causa 304/39 xunto con Casimiro Vilares Quintana en abril de 1939.[2] Ambos volveron ser reclamados polo Xulgado Militar de Lugo en xuño de 1939.[3] Foi novamente reclamado polo xuíz militar de Lugo en xullo de 1942.[4] Morreu nun enfrontamento coa Garda Civil nos montes de Becerreá o 24 de setembro de 1942.[5][6]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. BOP Lugo, 11-12-1937, p. 2.
  2. BOP Lugo, 20-4-1939, p. 3.
  3. BOP Lugo, 16-6-1939. p. 2.
  4. El Progreso, 21-7-1942, p. 2.
  5. El Progreso, 25-11-1942, p. 2.
  6. El Compostelano, 26-11-1942, p. 2.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]