Manuel Fernández Soto

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Manuel Fernández Soto, coñecido como Coronel Benito ou Soutiño, nado en Mugardos en 1902 e finado en Bóveda en 1949, foi un militar, político e guerrilleiro antifranquista galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Mariñeiro do acoirazado Jaime I cando se produciu a sublevación do 18 de xullo de 1936, ao ano seguinte afiliouse ao PCE. Ao final da Guerra Civil estivo no campo de concentración de Bicerta (Tunisia). Despois marchou á URSS e loitou na II Guerra Mundial. Trasladouse a Arxentina e a fins de 1945 volveu a Galicia para formar parte da dirección da guerrilla e do PCE. Logo da caída da dirección guerrilleira en Galicia en xullo de 1948 asumiu a tarefa da reorganización da guerrilla sobre a base das consignas comunistas e inicia un proceso de militarización, o que lle levou a enfrontamentos cos enlaces e a rede de apoios, mesmo con acusacións de ser un infiltrado. Pouco despois de asumir formalmente a xefatura da guerrilla e a secretaría xeral do Comité Rexional do PCE en marzo de 1949 foi denunciado por Francisco Cano, un infiltrado no seo da guerrilla, morrendo o 22 de xuño de 1949 a mans da Garda Civil en Penacova, na parroquia de Remesar (Bóveda).

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Bernardo Máiz, Galicia na II República e baixo o franquismo, Xerais, 1988.
  • Secundino Serrano, Maquis. Historia de la guerrilla antifranquista, Temas de Hoy, 2002.