Vicente López Novo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaVicente López Novo
Biografía
Nacemento1918 Editar o valor em Wikidata
Ribeira, España Editar o valor em Wikidata
Morte19 de maio de 1948 Editar o valor em Wikidata (29/30 anos)
Teo, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónmembro da resistencia Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
Carreira militar
ConflitoGuerra civil española Editar o valor em Wikidata

Vicente López Novo, coñecido como Rufino, nado en Santa Uxía de Ribeira cara a 1918 e finado en Teo o 19 de maio de 1948, foi un guerrilleiro antifranquista galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Militante da CNT. Formou parte da V Agrupación do Exército Guerrilleiro de Galicia liderada por Benigno Andrade "Foucellas" e José Remuiñán Barreiro "Ricardito" á que se incorporou con Julio Bazarra Constenla. Nos primeiros meses de 1948 "Foucellas" decidiu dividir o grupo e constituír dúas partidas: unha comandada por Miguel Nicolás Esperante "Corcheiro" e a outra por Vicente López; pero coa morte de "Corcheiro" en Silleda o 9 de abril, as dúas partidas volveron reunificarse. O grupo foi avistado pola Garda Civil en Loureiro (Luou) o 19 de maio de 1948. A benemérita incendiou a casa onde se refuxiaban os guerrilleiros e Vicente morreu polos disparos das metralladoras xunto a Manuel Agrasar Cajaraville, Florentino Menéndez e Ricardo Fernández Carles; tamén morreu o garda civil Manuel Gardón Castro. "Foucellas" e "Ricardito" lograron fuxir.[1]

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Redondo Abal, Francisco Xavier (2006). Botarse ao monte. Censo de guerrilleiros antifranquistas na Galiza (1939-1965). Sada: Do Castro. ISBN 84-8485-231-8. 

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]