Manuel Castro Tellado

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaManuel Castro Tellado
Biografía
Nacemento1910 Editar o valor em Wikidata
Mosteiro, España Editar o valor em Wikidata
Morte13 de xaneiro de 1947 Editar o valor em Wikidata (36/37 anos)
Castro de Rei, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónmembro da resistencia Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
Carreira militar
ConflitoGuerra civil española Editar o valor em Wikidata

Manuel Castro Tellado, nado en Mosteiro (Pol) cara a 1910 e finado en Castro de Rei o 13 de xaneiro de 1947, foi un guerrilleiro antifranquista galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Fillo de Manuel Castro Palmeiro e Rosa Tellado. Xornaleiro e militante do PSOE, foi un dos fundadores da Sociedad de Trabajadores de la Tierra de Pol y sus Contornos da UGT. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 botouse ao monte. Foi xulgado en Lugo por rebelión e declarado en rebeldía. Participou na organización dos grupos guerrilleiros que actuaban no leste da provincia de Lugo e que se integraron na Federación de Guerrillas de León-Galicia. En 1944 accedeu á xefatura da III Agrupación Guerrilleira, e tentou chegar a acordos cos grupos guerrilleiros comunistas do Exército Guerrilleiro de Galicia. En 1945 comandou a Federación. Morreu o 13 de xaneiro de 1947 nun enfrontamento coa Garda Civil en Castro de Rei. En decembro de 1947 apareceu na prensa unha requisitoria demandando a súa presentación no Xulgado Militar eventual nº 1 de Lugo pola causa 215/46.[1]

Vida persoal[editar | editar a fonte]

Casou con Engracia Díaz. A súa irmá Silvina Castro Tellado estaba casada con Primitivo Rodríguez Otero.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. El Progreso, 27-12-1946, p. 2.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Redondo Abal, Francisco Xavier (2006). Botarse ao monte. Censo de guerrilleiros antifranquistas na Galiza (1939-1965). Sada: Do Castro. p. 49. ISBN 84-8485-231-8. 
  • Máiz, Bernardo (1988). Galicia na II República e baixo o franquismo. Vigo: Xerais. ISBN 84-7507-320-4. 
  • Serrano, Secundino (2002). Maquis. Historia de la guerrilla antifranquista. Madrid: Temas de Hoy. ISBN 84-8460-103-X. 

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]