Antonio Rodríguez González

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaAntonio Rodríguez González
Biografía
Nacemento24 de outubro de 1914 Editar o valor em Wikidata
Carracedo, España Editar o valor em Wikidata
Morte27 de xaneiro de 1945 Editar o valor em Wikidata (30 anos)
Cañizares, España (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónmembro da resistencia Editar o valor em Wikidata
Familia
IrmánsEulogio Rodríguez González e Agustín Rodríguez González Editar o valor em Wikidata

Antonio Rodríguez González, nado en Vilar de Carracedo (Carracedo, A Peroxa) o 24 de outubro de 1914 e finado en Cañizares (Cuenca) o 27 de xaneiro de 1945, foi un guerrilleiro antifranquista galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Fillo de Agustín Rodríguez Incógnito. Cando se produciu o golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 estaba en filas no Rexemento de Infantaría de Montaña Simancas de Gijón, e incorporouse á CNT. Combatiu no exército republicano e foi comandante dun batallón. Coa caída da fronte de Asturias volveu a Galicia e estivo agochado. Ao rematar a guerra xunto co seu irmán Eulogio formaron un grupo guerrilleiro que actuou nos Peares e na Peroxa xunto con Salvador Gil Moure e Clemente Justo Quiroga Vázquez, e do que formaban parte os enlaces Lino Fernández Rodríguez, o seu pai Agustín Rodríguez e Severo Rodríguez Peleteiro. En agosto de 1941 marcharon a Sabadell e desde alí participou na orde de matar a Salvador Gil Moure. Detiveron ao seu pai Agustín e outros colaboradoes e enlaces o 13 de febreiro de 1942.[1][2] Pasaron clandestinamente a Francia no verán de 1944.

Participou na Operación Reconquista de España entrando en España o 4 de outubro de 1944 coa Brigada 21 da 204 División. Con Esteban Rueda de la Hera, José Andrés Benito Vindel e o seu irman Eulogio adentráronse en España e logo de pasar o Ebro atravesaron o Maestrazgo e presentáronse en Tragacete vía Teruel, nos Montes Universales. Utilizaba o nome de José Iglesias Iglesias. Descubertos e perseguidos, foron cercados en Tragacete o 13 de xaneiro de 1945; José Andrés e Esteban foron abatidos, Antonio foi ferido, pero os irmáns Rodríguez lograron fuxir. Foron localizados o día 27 en Cañizares, Antonio foi abatido na cova de Cueva del Hierro, preto do Caserío de Huerta de Marojales e Eulogio capturado dous días despois.

Vida persoal[editar | editar a fonte]

Casou en Carracedo con Adelaida del Río en 1940.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. El Pueblo Gallego, 18-2-1942, p. 5.
  2. La Región, 17-2-1942.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Cava, Salvador F. (2006). Los guerrilleros de Levante y Aragón. Cuenca: Tomebamba. 

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]