Amador Barcia
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Amador Barcia Fernández, coñecido como Xicos, nado en Regoela, Cabanas, e finado o 23 de febreiro de 2007 na cidade da Coruña, foi un guerrilleiro antifranquista galego.
Índice |
Traxectoria [editar]
Ao comezar a Guerra Civil participou no grupo que intentou cortar o paso do exército sublevado que desde Ferrol se dirixía cara a Pontedeume. Detido o 4 de setembro de 1936 con varios compañeiros, conseguiu saltar do camión que os conducía ao cemiterio de Sillobre, onde ían ser fusilados. Formou con familiares e veciños da súa parroquia un dos primeiros grupos guerrilleiros antifranquistas que se formaron, actuando na zona de Pontedeume ata 1946. O 13 de decembro dese ano embarcou na praia do Vicedo xunto a outros guerrilleiros rumbo a Francia.
Véxase tamén [editar]
Bibliografía [editar]
- Bernardo Máiz, Galicia na II República e baixo o franquismo, Xerais, 1988