Garda Civil

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "Garda civil")
Emblema da Garda civil.
Patrulleira Río Nervión.

A Garda civil, tamén coñecida como Benemérita[1], é unha institución armada de carácter militar, que forma parte das Forzas e Corpos de Seguridade do Estado de España. Como tal, o seu deber é garantir e protexer o libre exercicio dos dereitos e liberdades dos españois, e garantir a seguridade cidadá, baixo a dependencia do Goberno de España. Foi o primeiro corpo de seguridade pública de ámbito estatal xurdido en España, sendo creada en 1844 por Francisco Javier Girón.

Emblemas e signos distintivos[editar | editar a fonte]

Uniformidade[editar | editar a fonte]

A cor característica do uniforme é o verde, dende a reforma da uniformidade realizada no ano 1943. Anteriormente, dende a época fundacional, a cor tradicional foi o azul. O elemento da uniformidade que caracterizou á Garda civil é o tricorne, malia que actualmente, ademais deste, úsanse outras prendas de cabeza: teresianas e boinas.

Casas cuartel[editar | editar a fonte]

Casa-cuartel

Os acuartelamentos da Garda civil dispoñen, na meirande parte dos casos, de vivendas para os membros do Corpo e as súas familias. De aí a súa denominación de Casa cuartel, cuxa razón de ser é a dispoñibilidade inmediata dos Gardas ante as necesidades da sociedade que requiran da súa presenza con prontitude.

Na entrada das Casas cuartel atópase a "tablilla", gravada ou inscrita na parede, coa lenda "Casa cuartel da Garda Civil". Posteriormente, incluíuse o lema "Todo por la Patria", ó ser un corpo militar.

Lema[editar | editar a fonte]

O lema da Garda civil é "A honra é a miña Divisa", extraído do Artigo 1º do Regulamento para o Servizo escrito polo seu fundador, que di literalmente: "A honra é a principal Divisa da Garda civil. Debe, por tanto, conservarse sen tacha. Unha vez perdido, non se recobra xamais", e que reflicte o espírito que rexe ó Instituto e a calidade máis valorada por este. Outra característica particular deste corpo, é que os cuarteis poden ser tamén vivendas das familias dalgúns dos seus compoñentes: as casas cuartel. Na entrada das mesmas hai un cartel no que está escrito: "Todo por la Patria".

Padroado[editar | editar a fonte]

O 8 de febreiro de 1913, a Virxe do Pilar foi declarada mediante Real Decreto a súa excelsa Patroa.

Alcume[editar | editar a fonte]

A denominación "Benemérita" acadou a oficialidade cando se lle outorgou, por Real Decreto do 4 de outubro de 1929, a 'Gran Cruz da Beneficencia'.

Dependencias[editar | editar a fonte]

Ten unha dobre dependencia:

  • Do Ministerio do Interior en canto a servizos, retribucións, destinos e medios.
  • Do Ministerio de Defensa en canto a ascensos e misións de carácter militar, así como en «Estado de Sitio» e en «tempo de guerra».

Ademais, atende as necesidades do Ministerio de Facenda relativos ao Resgardo Fiscal do Estado.

Especialidades[editar | editar a fonte]

Uniforme actual da Garda Civil
Gcivil12.png Gcivil13.png
Seguridade na estrada
Gala e oficial

A fin de dar o maior servizo posible á sociedade, a Garda civil, ó longo da súa historia, foi creando diversas especialidades que cubrisen dun xeito máis eficaz as competencias asignadas:

Unidades Operativas
Unidades de Apoio
  • Automobilismo
  • G.A.T.I.: Grupo de Apoio en Tecnoloxías da Información
  • Armamento
  • Unidade de Música da Dirección Xeral.

Himno[editar | editar a fonte]

Instituto, gloria a Ti,
por tu honor quiero vivir.
Viva España, Viva el Rey,
Viva el Orden y la Ley,
Viva honrada la Guardia Civil.
Benemérito Instituto,
Guarda fiel de España entera,
que llevas en tu Bandera
el Lema de Paz y Honor.
Por glorificar el nombre,
que el Gran Ahumada te diera,
con tu sangre noble y fiera,
has bordado tu blasón.
Vigor, firmeza y constancia,
valor en pos de la gloria,
amor, lealtad y arrogancia,
ideales tuyos son.
Por Ti cultivan la tierra,
la Patria goza de calma,
por tu conducta en la guerra,
brilla airoso tu Pendón.
Instituto, gloria a Ti,
por tu honor quiero vivir.
Viva España, Viva el Rey,
Viva el Orden y la Ley,
Viva honrada la Guardia Civil.

Galería de imaxes[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. benemérito, entrada no dicionario da RAG.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]