Arturo López Delgado

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaArturo López Delgado
Biografía
Nacementovalor descoñecido Editar o valor em Wikidata
Correxais, España Editar o valor em Wikidata
Morte6 de agosto de 1942 Editar o valor em Wikidata
Correxais, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
Outros nomesArturín Editar o valor em Wikidata
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónmembro da resistencia Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
Carreira militar
ConflitoGuerra civil española Editar o valor em Wikidata

Arturo López Delgado, coñecido como Arturín, nado en Correxais (Vilamartín de Valdeorras) e finado o 6 de agosto de 1942, foi un guerrilleiro antifranquista galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Mineiro, militante da CNT e do Partido Galeguista dende 1934, logo do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 agochouse. Loitou na fronte asturiana. Foi xulgado en Ourense por rebelión militar e declarado en rebeldía. Foi membro da guerrilla liderada por Serafín Fernández Ramón "Santeiro". En xullo de 1940 formou parte dun grupo de guerrilleiros que estaban reunidos nas montañas de Casaio para pasar a Portugal. Regresou de Portugal en 1941 e instalouse en Casaio con Domingo Rodríguez, Mario Morán García, Manuel Monteserín e Arcadio Ríos Rodríguez.

Despois da fundación da Federación de Guerrillas de León-Galicia, foi nomeado xefe dunha unidade que loitou na bisbarra de Valdeorras. O 6 de agosto de 1942 morreu nun enfrontamento coa Garda civil preto da súa aldea natal, con Ovidio González Vázquez "Pollon", Ildefonso Fernández Seoane "Cuñeira" e Manuel Monteserín "Gerardo". O grupo foi denunciado por un labrego que os aprovisionou de viño. Despois de comer e beber, os guerrilleiros estaban durmindo e foron sorprendidos pola Garda Civil. Outro membro do grupo, Roberto López Rodríguez "Pajarito", logrou fuxir.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]