Benjamín García Diéguez
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Benjamín García Diéguez, O Largo, nado en Barbeitos, parroquia de Negrelos, (Rodeiro) en 1916 e finado en Pontevedra en 1940, foi un guerrilleiro antifranquista galego.
Traxectoria [editar]
Benjamín, coñecido por O Largo de Barbeitos, liderou un grupo de fuxidos nada máis estalar a Guerra civil. Actuaban sobre todo na Serra do Faro. Ferido e detido nun enfrontamento coa Garda civil na Ponte (Pedroso) o 5 de novembro de 1939, foi xulgado en Pontevedra e condenado á pena de morte. Foi executado o 28 de agosto de 1940.
Véxase tamén [editar]
Bibliografía [editar]
- Redondo Abal, Francisco Xavier (2006). Botarse ao monte. Censo de guerrilleiros antifranquistas na Galiza (1939-1965). ISBN 84-8485-231-8.