José Blanco Núñez

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

José Blanco Núñez, nado na Coruña, foi un guerrilleiro antifranquista galego, coñecido como Ferreirín e Pepito.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

En 1944 tiña a responsabilidade política dun pequeno grupo de homes baixo a dirección de Manuel Ponte Pedreira. Foi integrante do Destacamento Enrique Lister xunto a Francisco Rey Balbís. En 1948 asumiu con Manuel Pena Camino a dirección do destacamento Eduardo Xaneiro. O 4 de marzo de 1948 en Carres a Garda Civil atacou as dúas casas onde se refuxiaba Ferreirín cos seus homes, conseguindo escapar, pero en represalia a familia que ocupaba as casas foi executada. En 1949 pasou a ser responsable da prensa do PCE e en xaneiro de 1950 foi nomeado secretario de organización. Arrestado en marzo de 1952 na súa cidade natal e trasladado a Madrid, colaborou coa policía e a información que proporcionou permitiu desmantelar a rede de enlaces da guerrilla. Malia iso foi executado preto de Sada en xullo de 1952.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Bernardo Maiz, Galicia na II República e baixo o franquismo, Xerais, 1988.
  • Secundino Serrano, Maquis. Historia de la guerrilla antifranquista, Temas de Hoy, 2002.