Manuel Pena Camino

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Manuel Pena Camino, Flores, nado en Mesía en 1909 e finado en Paramos (Val do Dubra) o 5 de marzo de 1949, foi un guerrilleiro antifranquista galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Formou parte da columna que acudiu á defensa da Coruña ao inicio da sublevación do 18 de xullo e fuxiu ao monte. Incorporouse á guerrilla nos grupos que operaban na zona dos montes da Graña con Benigno Andrade. Na primavera de 1946 foi nomeado xefe militar do Destacamento Eduardo Xaneiro da IV Agrupación xunto a José Blanco Núñez, ocupando a zona comprendida entre Ordes e Cerceda. Pasou despois polos destacamentos Manuel Bello e Eive-Carbón. Caeu abatido pola Garda civil en Paramos o 5 de marzo de 1949 ao fuxir logo de ser descuberto o seu agocho nunha casa de Zas (Negreira). Xunto a el morreron Vicente Peña Tarrasa e José María Castelo Mosquera.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]