Támega
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
O Támega (en portugués Tâmega) é unha subrexión estatística portuguesa que forma parte da Rexión Norte. Os seu núcleo principal intégrase no Distrito do Porto, mais inclúe concellos dos distritos de Vila Real, Viseu e Aveiro. Limita ao norte coas subrexións de Ave e Alto Trás-os-Montes, ao leste coa de Douro, ao sur coas de Dão-Lafões e Entre Douro e Vouga, e ao oeste coa de Grande Porto. Ten unha superficie de 2.629 km² e unha poboación de 550.469 habitantes (2011[1]).
Concellos[editar]
Comprende 12 concellos:
- Amarante
- Baião
- Castelo de Paiva
- Cinfães
- Felgueiras
- Lousada
- Marco de Canaveses
- Celorico de Basto
- Paços de Ferreira
- Paredes
- Penafiel
- Resende
Cabeceiras de Basto e Mondim de Basto pasaron a formar parte da subrexión de Ave.[2] Ribeira de Pena pasou a formar parte da subrexión de Alto Trás-os-Montes.