Pepa a Loba
Pepa a Loba é unha figura mítica de Galicia [1] e unha figura lendaria de bandoleira galega dende finais do século XIX[2] [3], que, segundo a lenda, acadou gran fama asaltando camiños e roubando a caciques e cregos.
Índice |
[editar] Dúbidas sobre a súa existencia
Os contos que falan a existencia dunha bandida chamada Pepa a Loba, que dirixiría a súa propia gavela de ladróns, son moitos e están espallados por toda Galicia. Todos eles fan referencia ao século XIX.
Ademais dos contos, existe unha referencia escrita que parece probar a existencia real de Pepa a Loba e é unha mención que a escritora e penalista Concepción Arenal fai dela logo dunha visita ao cárcere da Coruña.
O escritor Carlos Reigosa, autor dunha novela sobre a vida de Pepa a Loba, entende que, segundo as súas fontes, a famosa bandida debeu nacer no norte da provincia de Pontevedra contra a década de 1830, que actuou nas terras do centro do país, desde Monterroso ata a costa occidental, e que nos anos sesenta mudou o seu ámbito de operación cara ás terras do norte de Lugo. Segundo Reigosa, ademais, habería testemuñas populares que apuntarían á existencia dunha casa da súa propiedade na Terra Chá e que antes de estar presa na Coruña pasara polo cárcere de Mondoñedo.
[editar] A teoría da autoría múltiple
Outra posibilidade que se baralla é que houbese máis dunha Pepa Loba. Desta maneira, unha primeira bandida levaría este alcume, e outras mulleres que se dedicaron ao bandoleirismo adoptarían ou ben serían coñecidas pola mesma denominación. Iso podería explicar a cantidade de referencias á existencia de Pepa a Loba que se dan por toda Galicia.
[editar] Mito galego
Pepa a Loba é a muller arquetipo do bandoleirismo xeneroso moi espallado en Europa como Robin Hood en Inglaterra. Pode ter relación coa raíña Lupa e ten semellanzas coa Peeira dos Lobos.
[editar] Lenda de bandoleira
Escritores galegos do seculo XIX como Emilia Pardo Bazán e Ramón María del Valle-Inclán, entre outros, déronlle vida a un bandolerismo en Galicia imitado do bandoleirismo andaluz, pero sen realidade sociolóxica galega. É probable que a lectura popular desa literatura crease as lendas que dende finais do seculo XIX percorren toda Galicia coas aventuras extraordinarias da ladroa Pepa a Loba [4].
[editar] Referencias literarias
- Pepa A Loba, novela de Carlos Reigosa. Xerais, 2006.
[editar] Notas
- ↑ Xoán R. Cuba, Antonio Reigosa e Xosé Miranda (2006), Diccionario de los seres míticos gallegos, Edicións Xerais de Galicia. ISBN 84-9782-468-7.~ páxina 204-206
- ↑ Xoán R. Cuba, Antonio Reigosa e Xosé Miranda (2006), Diccionario de los seres míticos gallegos, Edicións Xerais de Galicia. ISBN 84-9782-468-7.~ páxina 204-206
- ↑ Beatriz López Morán (1984), El bandolerismo gallego, Edicións Xerais de Galicia. ISBN 84-7507-135-X.~ capitulo 1 El bandolerismo gallego en la historiografía
- ↑ Beatriz López Morán (1984), El bandolerismo gallego, Edicións Xerais de Galicia. ISBN 84-7507-135-X.~ capitulo 1 El bandolerismo gallego en la historiografía