Oceánides

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Na mitoloxía grega (e na romana) as Oceánides (en grego Ὠκεανίδες Okeanídes, plural feminino de Ὠκεανίς Okeanís; en latín Oceanides) eran unhas ninfas fillas de Océano e Tetis.

Eran irmás das Oceánidas (en grego Ποταμοί, Potamoí, 'ríos'; en latín Fluminae) deuses dos ríos, e cada unha delas estaba asociada a unha fonte, estanque, río, lago ou lagoa.[1]

Hesíodo, na súa Teogonía, di claramente que as oceánides eran 3.000, porén só nomea as 41 máis antigas:

Tivo tamén unha sagrada estirpe de fillas que pola terra se encargan da crianza dos homes, en compañía do soberano Apolo e dos Ríos e recibiron de Zeus este destino: Peito, Admete, Ianta, , Electra, Doris, Primno, a divina Urania, Hipo, Clímene, Rodea, Calírroe, Zeuxo, Clitia, Idía, Pisítoa, Plexaura, a encantadora Galaxaura, Dione, Melóbose, Toe, a bela Polidora, Cerceis de graciosa figura, Pluto ollos de boi, Perseis, Ianira, Acasta, Pléione, Xante, a deliciosa Petrea, Menesto, Europa, Metis, Eurínome, Telesto de azafranado peplo, Criseida, Asia, a desexábel Calipso, Eudora, Tique, Ánfiro, Ocírroe e Estixia, a que é máis importante de todas.[2]

Lista de Oceánides[editar | editar a fonte]

As Oceánides de Gustave Doré (1860).
  1. Acaste
  2. Admete
  3. Aetra
  4. Amaltea
  5. Amphiro
  6. Anfitrite – xeralmente considerada como unha Nereida en lugar dunha Oceánide.
  7. Anquiroe
  8. Antracia - unha das ninfas que coidaron a Zeus de neno.
  9. Arxia
  10. Asia – ninfa da rexión de Asian, irmá de Europa
  11. Asterodia[3]
  12. Asterope - nai, con Zeus de Acragas, epónimo de varias antigas cidades coñecidas como Acragas, posibelmente incluíndo Acragas, Sicilia.[4]
  13. Beroe
  14. Bolbe
  15. Cleodora
  16. Calipso
  17. Calirroa
  18. Camarina [5]
  19. Cafeira[6]
  20. Cerceis
  21. Ceto
  22. Criseis
  23. Clio - non confundir coa musa Clio,
  24. Climene - esposa de Iapeto
  25. Clitie ou Clitia
  26. Crocale - unha das seis Oceánides máis novas, que atenderon a Artemisa [7] [8]
  27. Daira - nai de Eleusis, con Hermes [9]
  28. Dione
  29. Dodone
  30. Doris – esposa do deus do mar Nereo, nai das cinco Nereidas.
  31. Eidiia ou Idiia - esposa de Aeetes, nai de Medea.
  32. Electra - esposa de Taumas, nai de Iris, Arque e as Harpías; non confundir con outras personaxes co mesmo nome, véxase Electra.
  33. Efira
  34. Euagoreis
  35. Eudore
  36. Europa
  37. Eurínome
  38. Faino
  39. Fiale - unha das seis máis novas Oceánides, que coidaron a Artemisa.
  40. Filira - nai de Quirón con Cronos.
  41. Frixa - unha das ninfas que coidaron a Zeus de neno.
  42. Galaxaure
  43. Glauque - unha das ninfas que coidaron a Zeus de neno.
  44. Hagno - unha das ninfas que coidaron a Zeus de neno.
  45. Hesíone - esposa de Prometeo.
  46. Hiale - unha das seis Oceánides máis novas, que coidaron a Artemisa.
  47. Ianira
  48. Iante – ninfa das nubes violeta de chuvia e das flores violeta.
  49. Iaque
  50. Itome - unha das ninfas que coidaron a Zeus de neno.
  51. Hipo
  52. Leucipe
  53. Lisitea
  54. Melia
  55. Melibea
  56. Melite
  57. Melobose
  58. Menesto
  59. Merope
  60. Metis – deusa da sabedoría, primeira esposa de Zeus.
  61. Mopsopia - Atica crese que foi denominada antes Mopsopia.[10]
  62. Mirtoessa - unha das ninfas que coidaron a Zeus de neno.
  63. Nede - unha das ninfas que coidaron a Zeus de neno.
  64. Némese
  65. Néfele - unha das seis más novas Oceánides, que coidaron a Artemisa; non confundir con Néfele, deusa ds nubes.
  66. Ocirroe
  67. Oinoe - unha das ninfas que coidaron a Zeus de neno.
  68. Ozomene - nunha fonte,[11] este nome está substituído por Electra.
  69. Pasitoe
  70. Peito
  71. Peribea
  72. Perse or Persea
  73. Petraea
  74. Pleione – nai das Pléiades, con Atlas
  75. Plexaure
  76. Pluto – nai de Tántalo, con Zeus
  77. Polidora
  78. Polife - nunha rara versión, nai de Atenea, con Poseidón [12] [13]
  79. Polixo
  80. Pronoia
  81. Primno
  82. Psecas - unha das seis Oceánides máis novas, que coidaron a Artemisa.
  83. Ranis - unha das seis Oceánides máis novas, que coidaron a Artemisa.
  84. Rodia
  85. Ródope
  86. Stilbo
  87. Stix – Oceánide do río Stix que fluía nove veces ao redor de Hades; unha excepcional deusa de río femia.
  88. Teisoa - unha das ninfas que coidaron a Zeus de neno.
  89. Telesto
  90. Tique
  91. Toe
  92. Urania - non confundir coa musa Urania.
  93. Xante
  94. Zeuxo

Outras:
O texto de Hyginus (Fabulae) está danado en algunhas partes, o que fai que algúns nomes das Oceánides sexan incertos, como *Iaea, *Lyris, *Clintenneste, *Teschinoeno.[14]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Hesíodo, Teogonía, páx. 346.
  2. Hesíodo, Teogonía, páxs. 346 e ss.
  3. Scholia en Apollonius Rhodius, Argonautica, 3. 242.
  4. Estevo de Bizancio, Akragantes.
  5. Píndaro, Odas Olímpicas, V.
  6. Diodoro Sículo, Libro de Historia, V. 55.
  7. Calímaco, Himno III a Artemis, 12.
  8. Ovidio, Metamorphoses 3. 155.
  9. Pausanias, Descrición de Grecia, 1. 38. 7.
  10. Suidas, Euphorion.
  11. Hyginus, Fabulae 14.
  12. Suidas, Hippeia Athena
  13. Theoi Project - Polife
  14. Hyginus, Fabulae. Prefacio.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Oceánides

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]