Souto de Rozavales

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "Souto de Rozabales")

Coordenadas: 42°18′27.3″N 7°14′37″W / 42.307583°N 7.24361°W / 42.307583; -7.24361

Castiñeiro de Pumbariños, calcúlase que ten máis de 1.000 anos de idade.

O Souto de Rozavales, tamén nomeado Souto de Rozabales[1][2] é un monumento natural que se atopa no lugar do Souto de Rozavales na parroquia de San Martiño de Arriba (concello de Manzaneda), na provincia de Ourense. Foi declarado monumento natural polo Decreto 78/2000, do 25 de febreiro. Tamén foi incluído no Catálogo de Árbores Senlleiras de Galiza[1].

Características[editar | editar a fonte]

Este souto alberga un castiñeiro de máis de 12 metros de perímetro, ó que se lle calcula unha idade de 1000 anos. Chámase o castiñeiro de Pumbariños.

Extensión[editar | editar a fonte]

Ten unha extensión aproximada de 1,8 ha.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 Decreto 67/2007, do 22 de marzo, polo que se regula o Catálogo galego de árbores senlleiras (DOG nº 74, de 17 de abril de 2007).
  2. O nome oficial segundo o Nomenclátor da Xunta de Galicia é Souto de Rozabales, a pesares de que no DOG da Xunta e en varias páxinas de información sobre o souto, tamén da Xunta de Galicia, aparece co nome de Souto de Rozabales.