Bruno Mauricio de Zabala

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Casa natal de Zabala

Bruno Mauricio de Zabala, nado en 1682 e finado en 1736, foi un militar e administrador colonial vasco.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Naceu no arrabal de Zabala (entón extramuros a vila de Durango, hoxe integrado no centro urbano), na provincia de Biscaia que integra a comunidade autónoma do País Vasco. A súa casa natal consérvase na actualidade e sobre un dos seus muros poden apreciarse dúas placas conmemorativas do seu labor fundacional alén dos mares.

Foi nomeado capitán xeneral do Río da Prata (1717), onde reprimiu a pirataría e enfrontouse aos portugueses, que se querían apropiar da ribeira da Prata; contra estes ergueu un fortín (1726), que daría orixe a Montevideo, a futura capital de Uruguai. En 1725 e 1735 enfrontouse ao movemento comuneiro do Paraguai.