Plexo braquial

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Plexo braquial

O plexo braquial é unha formación nerviosa. É un plexo somático formado polas pólas anteriores dos nervios espinais de C5 a C8, e pola maior parte da póla anterior de T1.

Características[editar | editar a fonte]

Orixínase no pescozo, diríxese cara fóra e abaixo, acercándose á primeira costela, para finalmente introducirse na axila. Forma todos os nervios principais da extremidade superior. A parte proximal do plexo discorre por detrás da arteria subclavia no pescozo, mentres que as partes máis distais do plexo rodean a arteria axilar.

Raíces[editar | editar a fonte]

As raíces do plexo braquial son as pólas anteriores de C5 a C8 e a maior parte de T1. Preto da súa orixe, as raíces reciben as pólas comunicantes posteriores do tronco simpático. Estes levan as febras posganglionares simpáticas ás raíces, para que se distribúan pola periferia. As raíces e os troncos sitúanse no triángulo posterior do pescozo, pasando entre os músculos músculo escaleno anterior e o escaleno medio, e por detrás e por riba da arteria subclavia.

Troncos[editar | editar a fonte]

Os tres troncos do plexo braquial orixínanse nas raíces, pasan por fóra da primeira costela e entran na axila:

  • O tronco superior está formado pola unión das raíces C5 e C6.
  • O tronco medio é a continuación de C7.
  • O tronco inferior fórmase pola unión das raíces C8 e T1.

O tronco inferior sitúase sobre a primeira costela, por detrás da arteria subclavia. Os troncos medio e superior teñen unha posición máis superior.

Divisións[editar | editar a fonte]

Cada un dos troncos divídese nunha división anterior e nunha posterior:

  • As tres divisións anteriores forman a parte do plexo braquial que dará lugar aos nervios periféricos encargados de innervar os compartimentos anteriores do brazo e do antebrazo.
  • As tres divisións posteriores combínanse para formar os nervios relacionados cos compartimentos posteriores.

Non existe ningún nervio periférico que se orixine directamente das divisións do plexo braquial.

Fascículos[editar | editar a fonte]

Os tres fascículos do plexo braquial orixínanse das divisións e se relacionan coa segunda parte de arteria axilar.

  • O fascículo lateral fórmase pola unión de divisións anteriores dos troncos superior e medio, e polo tanto deriva de C5 a C7, situándose lateralmente á segunda parte da arteria axilar.
  • O fascículo medial localízase medial á segunda parte da arteria axilar e é a continuación da división anterior do tronco inferior, polo que recibe achegas de C8 e T1.
  • O fascículo posterior áchase por detrás da arteria axilar, e fórmase pola unión das tres divisións posteriores. Recibe achegas de todas as raíces no fascículo posterior.

A maioría dos nervios periféricos da extremidade superior orixínanse nos fascículos do plexo braquial. Polo xeral, os nervios dos compartimentos anteriores da extremidade superior xorden dos fascículos medial e lateral, e os nervios relacionados cos compartimentos posteriores orixínanse no fascículo posterior.

Pólas[editar | editar a fonte]

  • Pólas das raíces: ademais das pequenas pólas segmentarias de C5 a C8 para os músculos do pescozo, e as achegas de C5 a C8 para os músculos do pescozo e as achegas de C5 ao nervio frénico, as raíces do plexo braquial dan lugar aos nervios dorsal da escápula e torácico longo.
  • Pólas dos troncos:

As únicas pólas que xorden dos troncos do plexo braquial son dous nervios que se orixinan no tronco superior: o nervio supraescapular e o nervio do músculo subclavio.

Todos estes nervios, excepto o radial, innervan os músculos relacionados coa parede posterior da axila; o nervio radial diríxese cara o brazo e antebrazo. Os nervios subescapular superior, toracodorsal e subescapular inferior orixínanse de forma consecutiva no fascículo posterior e se dirixen directamente aos músculos relacionados coa parede posterior da axila. O subescapular superior é un nervio curto, que se dirixe cara ao músculo subescapular para innervalo. O toracodorsal é o máis longo destes tres nervios e se dirixe verticalmente ao longo da parede posterior da axila e innerva os músculos subescapular e redondo maior.

O nervio axilar orixínase no fascículo posterior e se dirixe en sentido inferior e lateral ao longo da parede posterior para deixar a axila a través do espazo cuadrangular. Diríxese en sentido posterior pasando ao redor do pescozo cirúrxico do úmero e innerva os músculos deltoide e redondo menor. Despois de pasar polo espazo cuadrangular emite unha póla, o nervio cutáneo lateral superior do brazo, que rodea o bordo posterior do músculo deltoide e innerva a pel desa rexión. O nervio axilar vai acompañado da arteria circunflexa umeral posterior.

O nervio radial é a póla terminal de maior tamaño do fascículo posterior. Sae da axila e chega ao compartimento posterior do brazo a través do intervalo triangular, entre o bordo inferior do músculo redondo maior, a porción longa do músculo tríceps braquial e o corpo do úmero. No seu percorrido polo intervalo triangular vai acompañado da arteria braquial fonda, que se orixina na arteria braquial, no compartimento anterior do brazo. O nervio radial e as súas pólas innervan:

  • Todos os músculos do compartimento posterior do brazo e antebrazo.
  • A pel da superficie posterior do brazo e antebrazo, a superficie inferolateral do brazo e zona dorsolateral da man.

O nervio cutáneo posterior do brazo orixínase no nervio radial na axila, e innerva a pel da superficie posterior do brazo.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Gray, Anatomía para estudiantes (en castelán)