Nervio pectoral medial

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Nervio pectoral lateral

O nervio pectoral medial é un nervio do membro superior humano. Orixínase como unha póla do fascículo medial do plexo braquial. Recibe unha póla comunicante do nervio pectoral lateral e despois diríxese anteriormente entre a arteria e a vea axilares.

O nervio innerva ao músculo pectoral menor. Algunhas das febras furan o pectoral menor para innervar ao músculo pectoral maior. Outros grupos de febras rodean ao pectoral menor polo bordo inferior ou lateral para acadar o pectoral maior.


Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre medicina é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.