Martell Webster
| Washington Wizards – No. 9 | |
| Aleiro/Escolta | |
| Información persoal | |
|---|---|
| Nacemento | 4 de decembro de 1986 (26 anos) |
| Nacionalidade | |
| Altura | 2,01 m (6 ft 7 in) |
| Peso | 107 kg (235 lb) |
| Instituto | Seattle Preparatory School |
| Información da carreira | |
| NBA Draft | 2005 / Rolda: 1 / Elección: 6
Escollido por Portland Trail Blazers |
| Carreira | dende 2005 |
| Historial de equipos | |
| Portland Trail Blazers (2006-2010) →Fort Worth Flyers (D-League) Minnesota Timberwolves (2010-2012) Washington Wizards (2012-presente) |
|
| Información en nba.com | |
Martell Webster, nado o 4 de decembro de 1986 en Edmonds, Washington, é un xogador americano de baloncesto profesional que xoga nos Washington Wizards da National Basketball Association (NBA). Webster é o curmán de Jason Terry, escolta dos Boston Celtics.
Índice |
Traxectoria profesional [editar]
Webster foi seleccionado polos Portland Trail Blazers na 6ª posición do Draft da NBA de 2005, despois de que os Blazers traspasaran a súa terceira elección aos Utah Jazz horas antes do Draft.[1] Foi asignado aos Fort Worth Flyers da NBA Development League polos Blazers en xaneiro de 2006, e converteuse no xogador drafteado máis arriba (6ª posición) en ser asignado á D-League ata Hasheem Thabeet.[2] Máis tarde voltou aos Trail Blazers, en febreiro de 2006. Acadou a súa mellor marca da tempada con 26 puntos o 5 de xaneiro de 2008 na vitoria contra os Utah Jazz, con 24 deles anotados no terceiro cuarto.[3] En outubro de 2008, Webster asinou unha extensión de contrato de 4 anos, por valor de 20 millóns de dólares.[4]
O 20 de febreiro de 2009, o preparador dos Blazers, Jay Jensen, anunciou que Webster íase perder o resto da tempada 2008-09 debido a unha lesión no pé esquerdo.[5]
O 23 de xaneiro de 2010, anotou 28 puntos, o máximo da súa carreira, na vitoria contra os Detroit Pistons, igualando ademais o seu maior número de triplas nun partido, con 6 lanzamentos de tres conseguidos.[6][7] Webster foi traspasado o 24 de xuño de 2010 aos Minnesota Timberwolves a cambio de Ryan Gomes e os dereitos de Luke Babbitt.[8]
O 13 de xullo de 2012, Webster foi cortado polos Timberwolves. O 29 de agosto de 2012, asinou cos Washington Wizards.[9]
Notas [editar]
- ↑ JAZZ: Jazz Acquire 3rd Pick
- ↑ NBA Affiliates In Review
- ↑ Webster scores 24 third-quarter points in Blazers' blowout
- ↑ Agent: Trail Blazers sign swingman Webster to 4-year extension
- ↑ Quick, Jason (20 de febreiro de 2009). "Blazers' Martell Webster likely out for rest of regular season". OregonLive.com. http://blog.oregonlive.com/behindblazersbeat/2009/02/breaking_news_webster_likely_o.html. Consultado o 21 de febreiro de 2009.
- ↑ Quick, Jason (23 de xaneiro de 2010). "Blazers' Portland 97, Detroit 93: Blazers Keep Defying the Odds". OregonLive.com. http://blog.oregonlive.com/behindblazersbeat/2010/01/portland_97_detroit_93_webster.html. Consultado o 23 de xaneiro de 2010.
- ↑ Associated Press (23 de xaneiro de 2010). "Blazers stop Pistons despite having only eight players". http://sports.espn.go.com/nba/recap?gameId=300123008. Consultado o 24 de xaneiro de 2010.
- ↑ 2010 NBA draft: Washington Wizards select John Wall at No. 1 - ESPN
- ↑ Washington Wizards sign Martell Webster
Véxase tamén [editar]
Ligazóns externas [editar]
|
||||||||