Linguas xapónicas

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Variantes do xaponés

As linguas xapónicas son unha familia de linguas supostamente descendente dunha lingua común chamada proto-xapónica.

Linguas da familia[editar | editar a fonte]

As linguas xapónicas son:

  • Xaponés (日本語)
    • Xaponés oriental (hoxe en día representado parcialmente pola fala de Aogashima, Hachijojima, Minamidaito, Kitadaito e unhas poucas illas pequenas máis).
    • Xaponés occidental (representado por todos os dialectos xaponeses das illas principais).
      • Xaponés occidental do leste, inclúe a maioría dos dialectos ao leste da rexión de Kansai.
      • Xaponés occidental do oeste, inclúe a maioría dos dialectos ao oeste da rexión de Kanto.
  • Linguas ryukyu (琉球語)
    • Lingua amami (奄美語)
      • Dialectos do norte
        • Tanegashima
        • Yakushima
        • Oshima septentrional
      • Dialectos do sur
        • Oshima meridional
        • Yoron
    • Okinawense (沖縄語)
      • Kunigami (tamén chamado okinawense setentrional)
      • Ie
      • Dialectos do sur (tamén okinawense central ou okinawense estándar)
        • Principal
        • Shimajiri (a afiliación destes dialectos é incerta, mais inclúese aquí pois a rexión Shimajiri considérase parte da rexión correspondente)
    • Miyako (宮古語)
      • Miyako
      • Irabu
    • Yaeyama (八重山語)
      • Ishigaki
      • Iriomote
      • Taketomi
    • Yonaguni (与那国語)

Relacións con outras familias[editar | editar a fonte]

Non existe unha proba concreta universalmente aceptada da relación entre as linguas xapónicas con outras linguas, pero existen unha serie de teorías apoiadas por diversas evidencias:

  • A teoría máis estendida relaciona as linguas xapónicas coa antiga e desaparecida lingua de Goguryeo. Outros van máis alá incluíndo o xapónico e o goguryeo dentro dunha hipotética e maior familia de linguas chamada fuyu que incluiría as linguas extinguidas asociadas cos antigos Fuyu e Baekje.
  • Outra teoría relaciona o xapónico co coreano, baseándose nunha gramática practicamente idéntica, a pesar de similitudes léxicas escasas. A maioría dos seguidores da teoría "fuyu" non inclúen o coreano como parte da familia.
  • Tamén está a controvertida teoría altaica que afirma que as linguas xapónicas, as linguas fuyu, o yoguryeo e o coreano ou calquera combinación delas forman parte da familia de linguas altaica. Estudos lexicoestatísticos mostraron que a lingua viva moderna que ten o léxico máis próximo a calquera lingua xapónica é o uigur, unha lingua túrquica, pertencente como o resto desa familia á macrofamilia altaica.
  • Finalmente están as teorías que propoñen vínculos coas linguas austronesias e incluso os que consideran que o xapónico é unha rama da macrofamilia áustrica, pero a evidencia en favor destes tipos de propostas é igualmente débil.

En vista da falta de probas contundentes, algúns ven nestas similitudes un simple "sprachbund" e que os parecidos son simplemente resultado da veciñanza dos pobos en Asia Central nos transcurso dos milenios.

Comparación léxica[editar | editar a fonte]

Os numerais en diferentes linguas xapónicas son:[1]

GLOSA Numerais siníticos Numerais xapónicos
Sino-
xaponés
Chinés
clásico
Xaponés
antigo
Xaponés
moderno
Kunigami Yaeyama PROTO-
XAPÓNICO
'1' itɕi
ichi
*i̯it pijto çitoʦɯ
hitotsu
tʼiːtʃʼi pituʦy *piːto-tu
'2' ɲi
ni
*ńii̯ puta ɸɯtɑtsɯ
futatsu
tʼaːtʃʼi huta:ʦy *putaː-tu
'3' saɴ
san
*sam uru-fu mitːsɯ
mittsu
miːtʃʼi my:ʦy *miː-tu
'4' ɕi
shi
*sî jo < *do jotːsɯ
yottsu
ju:tʃʼi ju:ʦy *ju-tu
'5' ɡo
go
*ŋwo itu itsɯtsɯ
isutsu
ʔitʃʼtʃʼi issy *itu-tu
'6' ɾokɯ
roku
*li̯uk mu- mɯtːsɯ
muttsu
mu:tʃʼi ny:tsy / mu:ʦy *mu-tu
'7' ɕitɕi
shichi
*tsʰit nana nɑnɑtsɯ
nanatsu
nanatʃʼi nanaʦy *nana-tu
'8' hɑtɕi
hachi
*pat ja < *da jɑtːsɯ
yattsu
ja:tʃʼi ja:ʦy *ja:-tu
'9' kʲɯː
kyuu
*ki̯u kokono- kokonotsɯ
kokonotsu
kukunutʃʼi hakonaʦy *kokono-tu
'10' dʑɯː
juu
*ʂip towo toː
too
tu: tu: *towo

Notas[editar | editar a fonte]