Nove
| 9 | ||||
| Cardinal | Nove | |||
| Ordinal | noveno | |||
| Propiedades matemáticas | ||||
| Factorización | 32 | |||
| Función totiente | φ(9) = 6 | |||
| Número de divisores | τ(9) = 3 | |||
| Suma dos divisores | σ(9) = 13 | |||
| Conta de primos | π(9) = 4 | |||
| Función de Möbius | μ(9) = 0 | |||
| Función de Mertens | ‘‘M’‘(9) = -2 | |||
| Outros sistemas de numeración | ||||
| Sistema binario |
1001 |
|||
| Sistema octal | 11 | |||
| Sistema duodecimal | 9 | |||
| Sistema hexadecimal | 9 | |||
| Numeración romana | IX | |||
| Numeración exipcia |
|
|||
| Numeración grega | ΠIII | |||
| Numeración xónica | θ' | |||
| Numeración chinesa | 九 | |||
| Numeración hebraica | 'ט | |||
| Numeración armenia | Թ | |||
| Numeración Āryabhaṭa | झ | |||
| Numeración maia | ||||
| Lista de números | ||||
O nove (9) é o número natural que segue ao oito e precede ao dez.
O 9 é un número composto, que ten os seguintes factores propios: 1 e 3. Como a suma dos seus factores é 4 < 9, trátase dun número defectivo.
Un polígono de 9 lados recibe o nome de eneágono.
Índice |
Curiosidades [editar]
- É o número atómico do flúor.
- O nove é considerado por algúns como a cifra do saber supremo que induce á Totalidade que é 10 (dez).
- É o triángulo ternario, é dicir, triplicidade do triplo, que simboliza os tres mundos.
- Nos ritos medicinais, considerábase o número por excelencia porque representaba a tripla síntese (corporal, intelectual e espiritual).
- O nove (九) é un número de mal agoiro na cultura xaponesa, pero de bo agoiro na cultura chinesa.
- Para os hebraicos o nove simboliza a verdade.
- O comediante Jerry Seinfeld é supersticioso co número nove.
- É o número do eremita do Tarot (personaxe simbólico, portador do báculo, representante do grao supremo da iniciación). Como consecuencia considérase que o número 144 é moi favorable por sumar 1+4+4=9
- A Cábala do 666, por que 6+6+6=18 -> 1+8= 9
- O numero nove é un numero máxico para os satanistas
Curiosa aritmética do número 9 [editar]
Existe un fenómeno curioso coa aritmética do número nove, e é que para calquera número natural inicial que conteña un ou mais noves como unha(s) das cifras que o constitúen no sistema decimal, a suma das súas cifras tomadas como individuais (e desta, se é necesario simplificada ao engadir as cifras do numero resultante da mesma forma) dará un resultado idéntico á adición das mesmas cifras se o número nove non estiver presente no número natural inicial.
Isto significa que dado un número natural calquera que conteña un 9, por exemplo: 19 a suma das cifras como díxitos será idéntica á do mesmo número sen o nove presente así que:
- 19 -> 1 + 9 = 10 -> 1 + 0 = 1
- 1 = 1
De igual forma, se o número contén máis noves:
- 499 -> 4 + 9 + 9 = 22 -> 2 + 2 = 4
- 4 = 4
- Outro exemplo:
- No número natural 123456789, a suma das cifras constituíntes engadidas individualmente será idéntica á suma dos díxitos no número 12345678:
- porque 1 + 2 + 3….+ 8 + 9 = 45 -> 4 + 5 = 9 , que dá o mesmo resultado que 1 + 2 + 3…+ 7 + 8 = 36 -> 3 + 6 = 9
- Máis exemplos:
- 9 + 9 + 9 + 9 = 36 -> 3 + 6 = 9
- 9 + 9 + 9 = 27 -> 2 +7 = 9
- 42979 -> 4 + 2 + 9 + 7 + 9 = 31 -> 3 + 1 = 4
O número 9 na cultura popular galega [editar]
- Artigo principal: O número 9 na cultura popular galega.
- Colocar a terra procedente de nove toupeiras, cun pouco de unto e rezando certos ensalmos, cura as necroses provocadas polo fogardente (ergotismo).