Hiragana

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
書.svg Esta páxina contén texto en xaponés.
Se o seu navegador non está axeitadamente configurado pode ver caracteres estraños.

Hiragana (ひらがな, 平仮名, literalmente "kana liso") é un silabario xaponés, un dos catro sistemas de escrita xaponesa (os outros son katakana, kanji e rōmaji).
O Hiragana utilízase para:

  • Palabras xaponesas para as que non hai signos kanji, por exemplo partículas como kara から e sufixos como ~san さん.
  • Cando o que escribe non coñece a forma kanji dunha palabra, ou a maioría dos lectores non coñece, ou na forma kanji queda moi formal.
  • Verbos e inflexións do adxectivo, por exemplo tabemashita 食べました (neste uso o hiragana denomínase okurigana 送り仮名).
  • Dar a pronuncia do kanji para lectores que non a coñecen (neste uso o hiragana denomínase furigana).

Cada hiragana representa unha sílaba (tecnicamente, unha mora). A presenza du signo hiragana entre carácteres chineses normalmente identifica un texto como xaponés.


Romanización Hepburn do Hiragana[editar | editar a fonte]

A pronunciación de Hepburn en inglés soaba para os xaponeses como Hebon. Entón chámase Rōmaji de tipo Hebon. Hai outro tipo de rōmaji. Chámase Rōmaji de tipo Kunrei. Actualmente o tipo Hebon é máis común. Algunha xente utiliza o tipo Kunrei. De ter unha fonte con carácteres xaponeses, podes ver a seguinte táboa de hiragana xunto á súa romanización Hepburn. Os kana non empregados hoxe amósanse en vermello.

a i u e o (ya) (yu) (yo)
ka ki ku ke ko きゃ kya きゅ kyu きょ kyo
sa shi su se so しゃ sha しゅ shu しょ sho
ta chi tsu te to ちゃ cha ちゅ chu ちょ cho
na ni nu ne no にゃ nya にゅ nyu にょ nyo
ha hi fu he ho ひゃ hya ひゅ hyu ひょ hyo
ma mi mu me mo みゃ mya みゅ myu みょ myo
ya yu yo
ra ri ru re ro りゃ rya りゅ ryu りょ ryo
わ wa ゐ wi (actualmente うぃ) ゑ we (actualmente うぇ) を o/wo
n
ga gi gu ge go ぎゃ gya ぎゅ gyu ぎょ gyo
za ji zu ze zo じゃ ja じゅ ju じょ jo
da ji zu de do
ba bi bu be bo びゃ bya びゅ byu びょ byo
pa pi pu pe po ぴゃ pya ぴゅ pyu ぴょ pyo

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Titor para escribir o hiragana, en inglés