Illas Ryukyu
Coordenadas: 26°30′N 128°0′E / 26.500°N 128.000°E
| Illas Ryukyu 琉球列島 |
||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
|
||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
|
||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
As Illas Ryukyu (琉球諸島 Ryūkyū-shotō?),[1] coñecidas en xaponés como Nansei Illas (南西諸島 Nansei-shotō?, lit. "Illas do sueste") e tamén coñecidas como Arco Ryukyu (琉球弧 Ryūkyū-ko?), son un arquipélago de illas xaponesas que se espallan dende o sur de Kyushu ata Taiwan. A illa de Okinawa é a maior do arquipélago.
Història[editar]
Antigamente foi un reino independente, mais foi ocupado pola China no século -VII. Ficou sometida ós chineses ata 1609, ano no que foi invadida polos xaponeses. No 1879 foron anexionadas definitivamente a Xapón dentro da prefectura de Okinawa e aboliuse a monarquía. Cando remata a Segunda Guerra Mundial, da cal foi centro de operacións, o arquipélago foi ocupado militarmente polos Estados Unidos no 1945, que a administraron fiduciariamente dacordo co tratado de San Francisco de 1951, e fixeron de Okinawa unha poderosa base militar. Previamente, o 25 de xaneiro de 1950, o goberno das illas propuxera a independencia e unha bandeira nacional, que non foron aceptadas polos Estados Unidos. En 1953 a parte setentrional (Amami) foille devolta ó Xapón, e o resto, en 1972.
Artigos relacionados[editar]
Notas[editar]
- ↑ Tsuneyoshi, Ukita (1993). Nihon-dai-chizuchō (Grand Atlas Japan). Heibonsha. ISBN 4-582-43402-9.