Dez
| 10 | |||
| Cardinal | Dez | ||
| Ordinal | décimo | ||
| Propiedades matemáticas | |||
| Factorización | 2 × 5 | ||
| Función totiente | φ(10) = 4 | ||
| Número de divisores | τ(10) = 4 | ||
| Suma dos divisores | σ(10) = 18 | ||
| Conta de primos | π(10) = 4 | ||
| Función de Möbius | μ(10) = 1 | ||
| Función de Mertens | ‘‘M’‘(10) = -1 | ||
| Outros sistemas de numeración | |||
| Sistema binario |
1010 |
||
| Sistema octal | 12 | ||
| Sistema duodecimal | A | ||
| Sistema hexadecimal | A | ||
| Numeración romana | X | ||
| Numeración exipcia |
|
||
| Numeración grega | Δ | ||
| Numeración xónica | ι' | ||
| Numeración chinesa | 十 | ||
| Numeración hebraica | 'י | ||
| Numeración armenia | Ժ | ||
| Numeración Āryabhaṭa | ञ | ||
| Numeración maia | |||
| Lista de números | |||
O dez (10) é o número natural que segue ao nove e precede ao once. Na numeración romana represéntase cun X.
O 10 é un número composto, que ten os seguintes factores propios: 1, 2 e 5. Como a suma dos seus factores é 8 < 10, trátase dun número defectivo.
O 10 é a base do sistema decimal.
O 10 é o cuarto número triangular, despois do 6 e antes do 15.
Un polígono de 10 lados recibe o nome de decágono.
O número 10 é un dos máis famosos na historia da humanidade. Moitos pobos primitivos contaban á base de utilizar os dedos das dúas mans, co que chegaban ata dez. De feito, o símbolo romano "X" para dez tiña o significado inicialmente de dúas mans cruzadas.
[editar] Simboloxía e curiosidades
O número 10 é un dos máis antigos na historia da humanidade. Moitos pobos primitivos contaban a base de utilizar os dedos das dúas mans, co que chegaban ata dez.
A filosofía pitagórica concibía o dez como mostra da perfección e relacionábao co Ser supremo. É coñecido que xuraban por tetractis (dez) como se o fixesen polo máis sacro.
Esta magnitude contén todos os números, polo tanto considérase como número completo. No cristianismo repítese nos seguintes temas: 10 mandamentos; ofrecer dezmos a Deus; 10 lámpadas, 10 virxes, 10 talentos (expresado así nalgunhas parábolas).
Segundo a Cábala, é símbolo da Totalidade. É o Sefirot.
O 10 considérase como un símbolo do sinal de IO-Isis.
No alfabeto sacro dos hebraicos, a YOD vale 10. A YOD é a primeira letra que conforma o nome de Deus: YHVH, YESHUA. No templo de Salomón había 10 xofainas, 10 mesas e 10 candelabros.
