Sergei Starostin

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Starostin en xuño de 2005

Sergei Anatolyevich Starostin, en cirílico Серге́й Анато́льевич Ста́ростин, nado en Moscova o 24 de marzo de 1953 e finado na mesma cidade o 30 de setembro de 2005[1], foi un lingüista e investigador ruso especializado en Lingüística comparativa e histórica.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Investigacións lingüísticas[editar | editar a fonte]

Starostin é ben coñecido entre os especialistas pola súa obra sobre a reconstrución dunha hipotética protolíngua . A súa reconstrución teórica do grupo da familia linguas altaicas ten orixinado controversias, basicamente por que inclúe entre elas o coreano, e sobre todo, o xaponés, ate hai poucos anos considerados idiomas illados. Tamén controvertida foi a súa formulación dun grupo de linguas dené-caucasianas, hipótese que asume que as numerosas linguas caucásicas do noroeste e nordeste, o grupo ieniseiano (antes incluído no grupo denominado paleosiberiano), e máis o grupo sino-tibetano e as linguas na-dené (norteamericanas) están todas relacionadas xeneticamente. O asunto é dun indudábel interese científico, porque tenta demostrar as relacións entre os idiomas do Vello e do Novo Mundo, o que significa, desde un punto de vista histórico, remontar as relacións lingüísticas ao Paleolítico Superior, o que abriría camiño a tentar entender, na medida do posíbel, o transfondo mental desa época. A hipótese de Starostin ten tido ilustres predecesores, no pasado, tales Alfredo Trombetti, Edward Sapir ou Morris Swadesh, como coetáneos, tales Vitali Sherovoskin, Joseph Greenberg, ou máis recentemente John Bengtson e Edward Vajda. O último, en recentes traballos ten demostrado á relación xenética entre o grupo lingüístico ineiseiano e os línguas na-dené.

Starostin traballou de xeito práctico e académico na reconstrución do proto-kiranti, proto-tibeto-burmano, Proto-ieniseiano, Proto-Nordcaucasiano e máis o Proto-altaico.

Investiu boa parte dos seus últimos anos, a desenvolver a teoría, exposta por Abu al-Ghazi Bahadur Khan no século XVIII,mais realmente reavivada por Gustaf John Ramstedt a comezos do século XX, de que o xaponés é unha lingua altaica, emparentada, polo tanto, co mongol, o complexo lingüístico turco, o tungús, e máis con o coreano.

Desde 1985, Starostin traballou no desenvolvemento de STARLING[2], un paquete de software, compatíbel con varios sistemas, para labores de tipo lingüístico.

No tempo da súa desgraciada morte,con aínda só 52 anos de idade, Starostin era profesor na Universidade Estatal Rusa de Humanidades, profesor visitante no Santa Fe Institute, Arizona, e con frecuencia profesor convidado na Universidade de Leiden, Países Baixos, da que foi nomeado doutor honoris causa en xuño de 2005.

Sergei Starostin faleceu dun ataque ao corazón o 30 de setembro de 2005, pouco despois de ter impartido aulas en Moscova. A súa desaparición constituíu unha moi lamentábel perda, pois perdemos a posibilidade de coñecer como abordaría os desenvolvementos lingüísticos recentes. Deixa, con todo, un enorme legado científico e metodolóxico.

O seu fillo, George Starostin, é tamén un reputado lingüista, ademais de un músico afeizoado de sona.

Obra publicada (selección)[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

  • The Tower of Babel "recurso masivo, que contén abundante información de case todas as familias eurasiáticas e outras"