Kim Dae Jung
| Kim Dae Jung | |||
|---|---|---|---|
|
|
|||
| Presidente de Corea do Sur | |||
| Período: | 25 de febreiro de 1998 - 24 de febreiro de 2003 | ||
| Antecesor: | Kim Young-Sam | ||
| Sucesor: | Roh Moo-hyun | ||
| Chanceler: | {{{chanceler1}}} | ||
| Período: | |||
| Antecesor: | |||
| Sucesor: | |||
| {{{cargoexecutivo3}}} | |||
| Período: | {{{periodo3}}} | ||
| Antecesor: | {{{antecesor3}}} | ||
| Sucesor: | {{{sucesor3}}} | ||
| {{{cargoexecutivo4}}} | |||
| Período: | {{{periodo4}}} | ||
| Antecesor: | {{{antecesor4}}} | ||
| Sucesor: | {{{sucesor4}}} | ||
| Datos persoais | |||
| Nacemento: | 3 de decembro de 1925 | ||
| Lugar: | Haui-do, Corea | ||
| Falecemento: | |||
| Lugar: | Seul, Corea do Sur | ||
| Organización: | Partido Democrático da Corea do Sur | ||
| Afiliacións: | {{{afiliacións}}} | ||
| Cónxuxe: | Lee Hui-ho | ||
| Parella: | {{{parella}}} | ||
| Fillos: | {{{fillos}}} | ||
| Residencia: | {{{residencia}}} | ||
| Cargo(s): | |||
| Alma mater: | {{{almamater}}} | ||
| Profesión: | político | ||
| Relixión: | {{{relixión}}} | ||
| Sinatura: | {{{sinatura}}} | ||
| Sitio web: | {{{web}}} | ||
Kim Dae-jung (en hangul: 김대중; en hanja: 金大中) foi un político surcoreano, retirado, que foi presidente do seu país e galardoado co Premio Nobel da Paz do 2000 «polo seu traballo para a democracia e os dereitos humanos en Corea do Sur e no leste de Asia, xeralmente, e pola paz e a reconciliación con Corea do Norte, particularmente».
Autor de diversos libros sobre temática política e económica, recibiu ademais os premios Bruno Kreisky dos Dereitos Humanos (1981), George Meany (1987), o concedido pola Asociación de Nacións Unidas (1998) e a medalla da Liberdade de Filadelfia (1993). Foi ademais doutor honorífico polas universidades de Moscova, Emory, Portland, Sydney, Georgetown; entre outras.
Índice |
[editar] Biografía
Nado en Haui-do (Corea do Sur) o 3 de decembro de 1925[1] no seo dunha familia de labregos. Cursou estudos nunha escola na illa de Haui e en 1936 nun centro escolar no continente. En 1943 graduouse na Escola Superior de Comercio de Mokpo e comezou a traballar nunha navieira local. Converteuse ao catolicismo romano en 1957, sendo a maioría da poboación do seu país budista.
Entrou na política en 1954, opoñéndose á política de Syngman Rhee, primeiro presidente de Corea do Sur. En 1961 foi escolleito membro da Asemblea Nacional e pouco despois empezou a enfrontarse á ditadura e a expresar os seus plans por unha Corea reunificada. Mais un golpe militar liderado por Park Chung-hee, fíxoo converterse en líder da oposición, sen poder ser candidato oficial.
No 1971 foi acusado de comunista e sufriu un primeiro intento de asasinato ao ser atropelado por un camión que lle ocasionou unha coxeira que arrastrou ata o final de súa vida. Posteriormente foi arrestado polos axentes do Servizo Nacional de Intelixencia (KCIA) nun hotel de Toquio como resposta aos seus ataques á constitución promulgada por Chung-hee. Dae Jung recibiu a axuda inmediata dos Estados Unidos que grazas aos esforzos de Philp Habib, embaixador americano, conseguiu encontralo no seu agocho e liberalo dos seus verdugos nun barco cando estaba a punto de ser lanzado ao Mar do Xapón. No retorno ao seu país provocou que fose aprisionado en 1976 despois de participar nun manifesto contra o goberno, sendo condenado a cinco anos de arresto, aínda que foi liberado en 1978. Naquel período de cativerio forzado converteuse ao catolicismo.
Co asasinato en 1979 de Pak Chungkin-Hee, Kim Dae Jung foi rehabilitado mais no 1980 foi detido novamente con cargos de sedición e conspiración contra o réxime, sentenciando a Dae Jung a morte. Outra vez a man dos Estados Unidos foi vital para conseguir a conmutación da pena de morte por 20 anos de prisión, e máis tarde, o exilio a Estados Unidos.
En 1985 Dae Jung retornou ao seu país, sendo inmediatamente retido na súa casa e converténdose nun dos líderes principais da oposición política. Coa caída do poder de Chun Doo-Hwan en 1987 celebráronse as primeiras eleccións democráticas desde 1961. Dae Jung puido presentarse pero sufriu a derrota ante Kim Young-Sam, o seu rival e camarada político durante anos, e Roh Tae-Woo, xeneral e delfín do anterior presidente.
[editar] Presidente de Corea do Sur
En 1992 volveu a presentarse ás eleccións, perdendo novamente ante Kim Young-Sa, ao igual que en 1987. Logo retirouse da política e decidiu dedicarse á docencia na Universidade de Cambridge. En 1995 anunciou o seu retorno á política e presentouse, unha vez máis, nas eleccións para a presidencia do país. O 18 de decembro de 1997 conseguiu derrotar ao seu rival Lee Hoi-Chang grazas á súa unión con Kim Jong-Pil, antigo Primeiro Ministro do país.
Kim Dae Jung chegou á presidencia en medio dunha grave crise económica, pero conseguiu a revitalización da economía, converténdoa nunha con gran crecemento.
Dende o seu ascenso ao poder, tratou de enterrar a discriminación das minorías do país, das cales formaba parte e que sufrira en etapas anteriores. Tamén excarcerou ao seu antecesor Chun Doo Hwan, que en 1980 ordenara a súa condena a morte.
Pola outra banda, iniciou o acercamento co réxime stalinista de Kim Jong-il de Corea do Norte. Realizou as súas primeiras visitas a Estados Unidos do 8 ao 11 de xuño de 1998, e solicitou o levantamento das sancións a Corea do Norte e o retorno das inversións a Corea do Sur. Entre o 13 e o 15 de xuño de 2000 tivo lugar o histórico cumio intercoreano en Pyongyang, a primeira xuntanza presidencial entre os presidentes dos dous países dende a separación de Corea en 1948.
En 2003 Dae Jung finalizou o seu mandato e decidiu non presentarse á reelección, retirándose da política activa. Faleceu o 18 de agosto de 2009 en Seúl[1].
[editar] Notas
- ↑ 1,0 1,1 "Obituary:Kim Dae-jung" BBC News, 18 de agosto de 2009
[editar] Véxase tamén
[editar] Ligazóns externas
- Cidob.org/es/Documentacion/Biografias_Lideres_Politicos/Asia/Corea_del_Dur/Kim_Dae_jung (biografía de Kim Dae Jung). (en castelán)
- NobelPrize.org/Nobel_Prizes/Peace/Laureates/2000/Index.html (páxina oficial do Instituto Nobel, Premio Nobel da Paz 2000).(en inglés)
| Presidente de Corea do Sur | ||
|---|---|---|
Segue a: Kim Young-Sam |
Kim Dae Jung | Precede a: Roh Moo-hyun |
| Partido Democrático da Corea do Sur | ||