Santillana
| Santillana |
|||
|---|---|---|---|
| Nome completo: | Carlos Alonso González | ||
| Alcume: | Santillana | ||
| Data de nacemento: | 23 de agosto de 1952 | ||
| Lugar de nacemento: | Santillana del Mar (Cantabria), España | ||
| Data de falecemento: | |||
| Lugar de falecemento: | , | ||
| Nacionalidade: | |||
| Club actual: | |||
| Posición: | dianteiro | ||
| Altura: | 1,75 metros | ||
| Partidos internacionais: | 56 | ||
| Goles: | 15 (selección española) 283 (clubs) |
||
| Ano do debut: | 1970 | ||
| Club do debut: | Real Racing Club de Santander | ||
| Ano do retiro: | 1988 | ||
| Club do retiro: | Real Madrid | ||
Carlos Alonso González, mais coñecido como Santillana, nado o 23 de agosto de 1952 en Santillana del Mar (Cantabria), é un ex-futbolista e actual empresario. O seu alcume provén da localidade cántabra na que naceu.
Índice |
Trexectoria [editar]
Comezou a xogar profesionalmente no Racing de Santander, porén cando tiña 19 anos fichou polo Real Madrid.
No club madrileño transcurriu o resto da súa carreira futbolística, disputando 800 encontros oficiais, tras os cales se retirou do fútbol en activo xa comezada a tempada 1987/88, con 36 anos.
Foi internacional ca Selección de fútbol de España, disputando 56 encontros e marcando 15 goles. Ca selección competiu en dous mundiais, Arxentina en 1978 e España en 1982, e na Eurocopa de 1984.
Tamén participou no histórico encontro contra a Selección de fútbol de Malta, no que España debía gañar por 11 goles para clasificarse. Finalmente o encontro rematou cun 12-1, con catro goles de Santillana.
Palmarés [editar]
- Campión de Primeira División (8): 1971-72, 1974-75, 1975-76, 1977-78, 1978-79, 1979-80,1985-86 e 1988-89.
- Campión da Copa do Rei (4): 1973-74, 1974-75, 1979-80, 1981-82
- Campión da Copa da UEFA (2): 1985, 1986.