Juan Araujo Pino

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Araujo
Información persoal
Nome Juan Araujo Pino
Nacemento 24 de novembro de 1920
Lugar de nacemento La Carolina
Falecemento 4 de novembro de 2002
Lugar de falecemento Sevilla
Posición Dianteiro
Carreira sénior
Anos Equipos Aprs (Gls)
–1945 Sevilla Aficionado
1943–1945Xerez (cedido) 50 (43)
1945–1956 Sevilla 207 (139)
1956–1957 Córdoba 28 (28)
1957–1958 Xerez 24 (16)
Total 309 (226)
Partidos e goles só en liga doméstica.

editar datos en Wikidata ]

Juan Araujo Pino, nado en La Carolina (Xaén) o 24 de novembro de 1920 e finado en Sevilla o 4 de novembro de 2002, foi un futbolista español. Xogaba de dianteiro.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Comezou a súa carreira no equipo afeccionado do Sevilla, saíndo cedido en 1943 ao Xerez. Militou dúas tempadas no club xerezano, proclamándose as dúas veces máximo goleador da Segunda División, con 21 e 22 goles respectivamente.[1]

De volta no Sevilla debutou na Primeira División na primeira xornada da tempada 1945/46 contra o Hércules no estadio Bardín, e marcou o seu primeiro gol na seguinte xornada, fronte ao Celta de Vigo no estadio de Nervión. Marcou 11 goles esa tempada, e o último deles, na derradeira xornada contra o FC Barcelona, deulle ao club sevillano o primeiro e único título de liga da súa historia. A continuación marcou aínda tres goles máis na Copa do Xeneralísimo, dous deles na histórica goleada por 8-0 contra o Barcelona e outro no 6-3 contra o Atlético Aviación.[2]

Na súa segunda tempada co Sevilla marcou 21 goles en liga, sendo só superado por Zarra e Pruden, e na seguinte proclamouse campión da Copa. Militou once tempadas seguidas no club sevillista, sendo na maioría delas o máximo goleador do equipo. Disputou 242 partidos oficiais, nos que logrou 159 goles, o que sitúa no terceiro lugar da táboa de máximos goleadores da historia do club, só por detrás de Campanal I e de Arza.[3]

Na tempada 1956/57 xogou co Cördoba en Segunda, sendo o máximo goleador do Grupo II con 28 goles, superado na categoría só polos históricos 45 goles do dianteiro do Sporting de Gijón Ricardo. Pechou a súa carreira xogando no Xerez.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Alba, Ernesto (4 de xuño de 2018). "El otro pichichi xerecista" (en castelán). Consultado o 28 de decembro de 2021. 
  2. "El Sevilla y la última vez que al Barcelona le marcaron ocho goles" (en castelán). 14 de agosto de 2020. Consultado o 28 de decembro de 2021. 
  3. Soria, Adrián (10 de abril de 2017). "Los diez máximos goleadores del Sevilla FC" (en castelán). Consultado o 28 de decembro de 2021. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]