Campo Municipal de Santa Isabel

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Campo de Santa Isabel»)

Coordenadas: 42°53′07″N 8°32′56″O / 42.885223611111, -8.5488813888889

Municipal de Santa Isabel
Datos
LocalizaciónSantiago de Compostela
Construción
Inauguración22 de setembro de 1963
Estadio
SuperficieHerba Sintética
Dimensións104x65
Capacidade1.200
PropietarioConcello de Santiago de Compostela
LocalíaSantiago de Compostela CF

O campo municipal de Santa Isabel é un recinto deportivo da cidade de Santiago de Compostela adicado á práctica do fútbol. O campo de Santa Isabel forma parte do complexo deportivo Santa Isabel do barrio de Vista Alegre, composto polo pavillón de Santa Isabel, a piscina de Santa Isabel, o Ximnasio de Santa Isabel e o propio campo de fútbol.

Historia[editar | editar a fonte]

Inaugurouse o 22 de setembro de 1963 cun peche sinxelo e unha cuberta. En 1969 foille instalada unha tribuna e alumeado, cun custo de 1 millón de pesetas. A SD Compostela, creada en 1962, xogou os seus encontros como local neste estadio dende 1963 ata 1993, ano no cal foi inaugurado o novo Estadio Multiúsos de San Lázaro, polo tanto acolleu encontros da Segunda División entre 1991 e 1993, pasando polos vestiarios de Santa Isabel equipos como RCD Mallorca, Racing Santander, Real Valladolid, Real Betis, Villareal CF, Celta de Vigo, UD Las Palmas, CD Málaga, Real Murcia ou Rayo Vallecano.

O Campo de Santa Isabel foi reconstruído en 2003, e dende entón acolle adestramentos e encontros de varios equipos locais en categorías rexionais, como o Santiago de Compostela Club de Fútbol e o Sociedade Deportiva Grixoa da Preferente Autonómica de Galicia. Ademais dende 2020 disputa nel os seus partidos como local o Agrupación Estudiantil de Terceira División.

Galería[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]