Rogelio Pampols

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Rogelio Pampols
Información persoal
Nome Rogelio Pampols Morer
Nacemento 6 de maio de 1936
Lugar de nacemento Almacelles
Falecemento 6 de outubro de 2023
Lugar de falecemento Barcelona
Altura 179 centímetros
Posición Porteiro
Carreira sénior
Anos Equipos Aprs (Gls)
1959–1961 Zaragoza 2 (0)
1961–1965 Deportivo da Coruña 38 (0)
1965–1968 Europa 69 (0)
Partidos e goles só en liga doméstica.

editar datos en Wikidata ]

Rogelio Pampols Morer, nado en Almacelles (Lleida) o 6 de maio de 1936 e finado en Barcelona o 6 de outubro de 2023, foi un futbolista español. Xogaba de porteiro.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Na tempada 1959–60 debutou en Primeira División co Real Zaragoza, onde permaneceu até a tempada seguinte, participando tan só en 2 partidos en total na primeira campaña, sendo o suplente de Enrique Yarza.

Na tempada 1962–63 xogou co Deportivo da Coruña en Primeira División, sendo o suplente de Antonio Betancort. Esa campaña o equipo descendeu a Segunda División. Na tempada 1963–64 o equipo resultou campión da categoría, xogando Pampols como titular case toda a campaña (o seu suplente foi Padrón). Na tempada 1964–65 foi relegado á suplencia pola chegada de Juan María Benegas. Novamente o equipo descendeu a Segunda División ao remate da campaña.

Na tempada 1965–66 fichou polo CE Europa de Segunda División, onde permaneceu 3 campañas.

Palmarés[editar | editar a fonte]

Club[editar | editar a fonte]

Deportivo

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]