Carlos Álvarez Botana

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Carlos Botana
Información persoal
Nome Carlos Álvarez Botana
Nacemento 17 de decembro de 1936
Lugar de nacemento A Coruña
Falecemento 20 de xaneiro de 2007
Posición Defensa / Centrocampista
Carreira xuvenil
Deportivo da Coruña
Carreira sénior
Anos Equipos Aprs (Gls)
1954–1956 Deportivo da Coruña 17 (1)
1954–1955Deportivo Xuvenil (cedido) 20 (1)
1956–1957 Castellón 35 (5)
1957–1958 Murcia 18 (0)
1959–1961 Cádiz 21 (2)
1961–1962 Deportivo da Coruña 3 (0)
Partidos e goles só en liga doméstica.

editar datos en Wikidata ]

Carlos Álvarz Botana, nado na Coruña o 17 de decembro de 1936 e finado na mesma cidade o 20 de xaneiro de 2007, foi un futbolista galego. Xogaba alternativamente de defensa ou centrocampista.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Curmán de tamén deportivista Waldo Botana, Carlos formouse nas categorías inferiores do Deportivo da Coruña, e en 1954 foi ascendido ao primeiro equipo e cedido ao Deportivo Xuvenil. Ese mesmo ano proclamouse campión, xunto cos seus compañeiros da selección española, do Campionato Mundial Xuvenil que se celebraba en Alemaña.[1]

Na tempada 1954–55 debutou co Deportivo Xuvenil en Segunda División, participando en 20 partidos e anotando un gol. Esa foi a única campaña do Xuvenil en Segunda División, descendendo a Terceira ao remate da mesma.

Na tempada 1955–56 volveu ao Deportivo da Coruña, co que debutou en Primeira División, participando en 17 partidos e anotando un gol. Ese ano o club branquiazul contou con tres adestradores, Vizoso, Pahiño e Ángel Zubieta. O seu primeiro (e único) gol en Primeira División produciuse na xornada 7, nunha vitoria en Riazor fronte o Sevilla FC (3–2), marcando Botana o primeiro tanto.

Na tempada 1956–57 fichou polo CD Castellón, de Segunda División, onde participaría en 35 partidos e anotaría 5 goles, pero sen lograr a permanencia na categoría.

Na tempada 1957–58 firmou co Real Murcia, de Segunda División, participando en 18 partidos e sen lograr ningún gol.

Na tempada 1958–59 fichou polo Cádiz CF, de Segunda División, onde permanecceu dúas campañas. No club andaluz participou en 21 partidos e logrou 5 goles.

Na tempada 1960–61 volveu ao Deportivo da Coruña, en Segunda División. No equipo coruñés participou en 3 encontros de cara ao final da campaña, sendo un dos defensas menos habituais, xunto con Juan Luis Igartua, do cadro adestrado por Juan Otxoantezana. Ese ano lograría o ascenso a Primeira División.

Na tempada 1962-63 fichou polo Racing Club de Ferrol, que estaba na Terceira División (a onde descendera dous anos antes), e no cadro verde participou só en 5 partidos.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Martialay, Félix (1 de xaneiro de 2022). "España campeona del VII Torneo Juvenil de la FIFA (1954)". Cuadernos de fútbol (en castelán) (138). ISSN 1989-6379. Consultado o 2 de xaneiro de 2022. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]