Rafael Delgado González

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Rafa
Información persoal
Nome Rafael Delgado González
Nacemento 24 de outubro de 1932
Lugar de nacemento Granada
Falecemento 10 de abril de 1996
Lugar de falecemento Granada
Posición Dianteiro
Carreira xuvenil
Alhambra
Carreira sénior
Anos Equipos Aprs (Gls)
Recreativo Granada
1952–1956 Granada 111 (70)
1956–1960 Atlético de Madrid 60 (26)
1959–1960 Deportivo da Coruña 18 (9)
1960–1962 Granada 36 (20)
1962–1963 Plus Ultra 8 (3)
1963–1964 Deportivo da Coruña 5 (1)
Selección nacional
1956 España B 1 (0)
Partidos e goles só en liga doméstica.
editar datos en Wikidata ]

Rafael Delgado González, coñecido como Rafa, nado en Granada o 24 de outubro de 1932 e finado na mesma cidade o 10 de abril de 1996, foi un futbolista español. Xogaba de dianteiro e é o máximo goleador da historia do Granada, con 101 tantos marcados.[1]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Comezou a xogar ao fútbol no Alhambra,[2] pasando logo ao Recreativo Granada, filial do Granada.[1] En 1952 debutou co primeiro equipo, co que xogou durante as seguintes catro tempadas na Segunda División, ata 1956. Na última delas (1955/56) anotou 25 goles en 28 partidos, proclamándose máximo goleador da categoría, con dous tantos máis que o segundo, Eduardo Sobrado.

Tralo remate da liga de Segunda, fichou polo Atlético de Madrid, co que debutou xa na Copa do Xeneralísimo dese mesmo ano, marcando un gol en oitavos de final e outro nas semifinais contra o Espanyol, pero non xogou a final contra o Athletic. Debutou na Primeira División na primeira xornada da tempada 1956/57, nunha vitoria fronte ao Deportivo da Coruña en Riazor (0–4), onde tamén anotou un gol. Nesa campaña, dirixida polo adestrador Antonio Barrios, xogou 26 partidos e anotou 11 goles. Permaneceu no club madrileño até a campaña 1958–59, na que debutou na Copa de Europa fronte ao Drumcondra de Dublín.

Na tempada 1959–60 foi cedido ao Deportivo da Coruña, en Segunda División.[2] Debutou co club coruñés no primeiro partido da campaña, nun empate fronte ao Sporting de Gijón en Riazor (1–1), e anotou os seus dous primeiros tantos na cuarta xornada, nunha vitoria fronte á Cultural Leonesa a domicilio (2–3). Ese ano a dianteira habitual do Dépor estaba formada por Amancio, Serafín, Veloso, Jaime Blanco e Vigo. Xogou 18 partidos de liga co Deportivo, anotando 9 goles, quedando o equipo cuarto clasificado, a 5 puntos dos postos de ascenso.

A continuación volveu ao Atlético de Madrid pero, sen sitio no equipo, acabou deixando o club e regresou ao Granada, desta vez na Primeira División. Marcou 10 goles en 17 partidos, pero non puido evitar o descenso do club. Xogou outra tempada máis co club granadino, subindo o seu rexistro anotador no club ata os 101 tantos, converténdose no máximo goleador da historia do club.

antes de fichar na tempada 1962–63 polo Plus Ultra, de Segunda División, co que descendeu ao final da tempada.

Na tempada 1963–64 firmou novamente polo Deportivo da Coruña, adestrado por Roque Olsen. Participou tan só en 5 partidos, nun ano no que a dianteira do equipo estivo formada por Loureda, Montalvo, Veloso e Lamelo. Ese ano o club coruñés quedou campión, retornando a Primeira División.

Palmarés[editar | editar a fonte]

Deportivo

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]