Hamady N'Diaye
| Axente libre | |
| Pivote | |
| Información persoal | |
|---|---|
| Nacemento | 12 de xaneiro de 1987 (26 anos) |
| Nacionalidade | |
| Altura | 2,13 m (7 ft 0 in) |
| Peso | 107 kg (235 lb) |
| Instituto | Stoneridge Preparatory School, California) |
| Información da carreira | |
| Universidade | Rutgers |
| NBA Draft | 2010 / Rolda: 2 / Elección: 56
Escollido por Minnesota Timberwolves |
| Carreira | dende 2010 |
| Historial de equipos | |
| Washington Wizards (2010-2012) →Dakota Wizards (D-League) (2011) →Iowa Energy (D-League) (2012) Maine Red Claws (D-League) (2012) Guangzhou Liu Sui Whampoa (2012) |
|
| Información en nba.com | |
Hamady Barro N'Diaye, nado o 12 de xaneiro de 1987 en Dakar, Senegal, é un xogador senegalés de baloncesto profesional.
Índice |
Traxectoria profesional[editar]
Antes de ser elixido do draft da NBA de 2010, N'Diaye era o pivote titular para os Scarlet Knights da Universidade de Rutgers. Hamady creceu en Senegal e foi aos Estados Unidos para ir ao instituto a Stoneridge Preparatory School en Simi Valley, California.
Na tempada 2009-10, N'Diaye conseguiu 145 tapóns e fixo 4.5 tapóns por partido (a terceira marca máis alta do país). O 9 de marzo de 2010, durante a derrota por 69-68 contra Cincinnati no Big East Tournament, N'Diaye rematou a tempada con 358 tapóns na súa carreira, e 145 na tempada. N'Diaye foi galardoado co premio ao xogador defensivo do ano.
O 24 de xuño de 2010, N'Diaye foi escollido na 56ª posición do draft da NBA polos Minnesota Timberwolves. Os seus dereitos foron traspasados aos Washington Wizards. O 6 de xaneiro de 2011, N'Diaye foi asignado aos Dakota Wizards na NBA D-League.[1] Foi chamado por Washington o 4 de febreiro de 2011.[2] O 1 de xaneiro de 2012, foi asignado aos Iowa Energy da D-League.[3] Foi cortado polos Wizards o 7 de febreiro de 2012.[4] O 27 de febreiro de 2012, asinou cos Maine Red Claws da D-League.[5]
Antes do comezo da tempada 2012-13, uniuse ós Sacramento Kings.[6]