Iowa Energy
| Iowa Energy | |
|---|---|
| Fundado en | 2007 |
| Historia | Iowa Energy NBA D-League: 2007-presente |
| Cidade | Des Moines, Iowa |
| Cores | Púrpura, Laranxa, Vermello, Gris, Branco |
| Adestrador | Nick Nurse |
| Campionatos | 0 |
| Títulos de división | None |
Os Iowa Energy son un equipo da NBA Development League, fundado no ano 2007. Gañaron o campionato na tempada 2010-11. Xogan os seus partidos coma locais no Wells Fargo Arena.
Índice |
Historia [editar]
O equipo fixo un concurso para elixir o nome do equipo, onde as opcións eran Corncobs, Maize, River Rats, Scarecrows, e Thoroughbreds. [1] Con todo, o equipo anunciou máis tarde, que debido ao descontento xeral dos aficionados, ningún deses nomes ía ser o do equipo. O nome do equipo, Iowa Energy, e o logo foron anunciados o 29 de xuño de 2007.
O 23 de novembro gañaron o seu primeiro partido da historia, ao derrotar por 101-99 a Dakota. Gañaron aos Albuquerque Thunderbirds por 101-98 no seu primeiro partido na casa, diante de 8.842 aficionados, récord na liga. Máis tarde pasarían esa marca no 2º partido das Finais da D-League da tempada 2010-11 con 14.036 aficionados.
Na súa segunda tempada, deixaron de estar afiliados aos Miami Heat, substituíndo estes polos Phoenix Suns.
Na tempada 2009-10, conseguiron unha nova marca na liga con 37 vitorias na tempada regular, marca que conseguirían outra vez na seguinte tempada, a 2010-11.
Gañaron o seu primeiro campionato na historia da franquía na tempada 2010-11 ao gañar aos Rio Grande Valley Vipers en 3 partidos.
Tempadas [editar]
| Tempada | División | Posición | Vitorias | Derrotas | % | Postempada |
|---|---|---|---|---|---|---|
| Iowa Energy | ||||||
| 2007–08 | Central | 3º | 22 | 28 | .440 | |
| 2008–09 | Central | 1º | 28 | 22 | .560 | Perdida Rolda 1 vs. Dakota 114-109 |
| 2009–10 | Leste | 1º | 37 | 13 | .740 | Gañada Rolda 1 vs. Utah 2-1 Perdidas Semifinais vs. Tulsa 2-1 |
| 2010-11 | Leste | 1º | 37 | 13 | .740 | Gañada Rolda 1 vs. Utah 2-1 Gañadas Semifinais vs. Tulsa 2-0 Gañadas Finais da D-League vs. Rio Grande Valley 2–1 |
| Tempada Regular | 124 | 76 | .620 | |||
| Playoffs | 9 | 6 | .571 | |||
Xogadores [editar]
Plantel actual [editar]
|
Cadro de Iowa Energy
|
|||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| Xogadores | Adestradores | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
|
(NBA) Asignado a equipo NBA Cadro • Transaccións |
||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||