Frederick Banting

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "Frederick Grant Banting")
Frederick Banting
Fredrick banting.jpg
Datos persoais
Nacemento 14 de novembro de 1891
Lugar Alliston (Canadá)
Falecemento 21 de febreiro de 1941, 49 anos
Lugar Musgrave Harbor (Canadá)
Soterrada {{{soterrada}}}
Soterrado {{{soterrado}}}
Residencia Canadá
Nacionalidade Canadense
Etnia {{{etnia}}}
Cóncuxe
Fillos {{{fillos}}}
Relixión {{{relixión}}}
Actividade
Campo Fisioloxía
Alma mater
Instituacións {{{institucións}}}
Sociedades {{{sociedades}}}
Tese {{{tese}}}
Dir. de tese {{{director_de_tese}}}
Dir. tese
Alumnos tese
Alumnos dest. {{{alumnos_doctorais}}}
Coñecido por Polo descubrir a insulina.
Influído por
Influíu en
Premios Premio Nobel de Medicina (1923)

[[Ficheiro:{{{sinatura}}}|centro|150px]]

Sir Frederick Grant Banting, KBE nado en Alliston, Ontario, Canadá, o 14 de novembro de 1891 e finado en Musgrave Harbor, Terranova, o 21 de febreiro de 1941, foi un médico e investigador canadense.

Estudou na universidade de Toronto e foi médico militar durante a Primeira Guerra Mundial. Posteriormente foi axudante de fisioloxía na Universidade de Ontario Occidental e a partir de 1921 profesor na Universidade de Toronto.

En 1921, descubriu con Charles Best a hormona da insulina. Por este descubrimento foille outorgado en 1923 o Premio Nobel de Medicina, compartido con John James Richard Macleod.

As súas últimas investigacións no Instituto Banting referíronse ó cancro, a córtex suprarrenal e a silicose.

Durante a Segunda Guerra Mundial foi maior do Corpo Médico e xefe da sección médica do Consello Nacional de Investigacións de Canadá. Morreu en Terranova nun accidente de avión.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Bating naceu en Alliston (Ontario, Canadá), o 14 de novembro de 1891. Era o máis pequeno do cinco fillos de William Thompson Banting e Margaret Grant. Realizou os seus primeiros estudos en Alliston. Comezou teoloxía na Universidade de Toronto, que pronto cambiou por medicina. Graduouse en 1916. Formou parte da Canadian Army Medical Corps e participou na Primeira Guerra Mundial en Francia. En 1918 foi ferido na batalla de Cambrai.

Tras o final da guerra, en 1919, regresou a Canadá. Alí exerceu por pouco tempo en London (Ontario). Estudou ortopedia infantil e exerceu como cirurxián no Hospital for Sick Children, entre 1919 e 1920. Un ano máis tarde foi profesor de ortopedia na University of Western Ontario. O curso 1921-1922 foi lecturer de farmacoloxía na Universidade de Toronto. Obtivo o grao de doutor en 1922.

Moi pronto xa estivo moi interesado pola diabetes. Desde finais do século XIX os científicos decatáronse da relación entre o páncreas e a diabetes. Algúns traballos indicaban que a enfermidade estaba causada por unha carencia dunha hormona segregada polos illotes de Langerhans do páncreas. Óscar Minkowski e outros trataron de illar esta hormona sen éxito. Schafer denominouna "insulina" e supúñase que exercía un control sobre o metabolismo do azucre, de tal maneira que a súa ausencia provocaba o aumento deste en sangue e en ouriños. Tratouse de administrar extracto de páncreas ou a glándula fresca ós diabéticos, tratamento que fracasou porque a hormona debía ser destruída polas encimas proteolíticas. Doutra banda, aínda eran inseguras as técnicas de detección de glicosa en sangue e ouriños.

A lectura dun artigo de Moses Baron no que se dicía que a ligadura do conduto pancreático provocaba a dexeneración das células que segregaban tripsina, pero que os illotes permanecían intactos fíxoo pensar que podería usar este procedemento para obter insulina.

Púxose en contacto con J.J.R. Macleod, profesor de fisioloxía da Universidade de Toronto, quen lle facilitou o necesario para poder investigar no seu laboratorio. Traballou entón con Charles Best, estudante de medicina, que foi o seu asistente e, máis tarde co químico James B. Collip. En agosto de 1921 administraron a insulina obtida dos illotes de Langerhans a cans diabéticos comprobando que descendían os niveis de azucre en sangue e ouriños e desaparecían os síntomas típicos da enfermidade. Repetiron varias veces os experimentos con resultados distintos, en función da pureza da insulina utilizada. Foi Collip o que se encargou de lograr unha que fose o máis pura posible. Empregárona por vez primeira, poucas semanas despois, nun raparigo diabético de catorce anos, que mellorou de forma extraordinaria da súa enfermidade.

A primeira descrición dos resultados obtidos co uso da insulina na diabetes figura no artigo Pancreatic extracts in the treatment of diabetes mellitus, publicado en 1922 no Canadian Medical Association Journal. Banting e Macleod recibiron o premio nobel de medicina en 1923. Previamente Banting e Best detallaron a técnica nun artigo que se publicou no Journal of Laboratory and Clinical Medicina en 1921-22. Así mesmo, Banting, Best e Macleod prepararon un comunicado, que levaba por título 'The internal secretion of the páncreas, que se deu a coñecer na reunión da American Physiological Society de 1821.

En 1926 Jacob Abel logrou a síntese da insulina, achado que deu a coñecer nos Proceedings of the National Academy of Sciences, de Washington, co título Crystalline insuline.

En 1930, o Parlamento canadense concedeu unha axuda a Banting para a instalación dun laboratorio de investigación (o Instituto Banting) e a súa universidade creou unha cátedra co seu nome. Alí traballou en distintas liñas como as relacionadas coa silicose, o cancro e o afogamento.

Foi nomeado médico honorario do Hospital Xeral de Toronto, do Hospital para nenos enfermos, e do Toronto Western Hospital. Obtivo así mesmo o LL.D. degree (Queens) e o D.Sc. degree (Toronto). Recibiu ademais as homenaxes e merecementos de varias sociedades científicas do seu país e do estranxeiro.

Como pintor afeccionado formou parte dunha expedición gobernamental ó Ártico. Casou con Marion Robertson en 1924 e tiveron un fillo. Divorciouse en 1932 e cinco anos máis tarde contraeu de novo matrimonio con Henrietta Ball.

Cando se declarou a Segunda Guerra Mundial actuou como ligazón entre os servizos médicos británicos e estadounidenses. En 1941 faleceu vítima dun accidente aéreo en Newfoundland.

Habitualmente fálase de "tratamento de Banting" para referirse ó tratamento da obesidade mediante un réxime restrinxido, especialmente en azucre, fariñas e graxas.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Frederick Banting

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • The Discovery of Insulin de Michael Bliss, University of Chicago Press, 1982, ISBN 0-226-05897-2.
  • Banting as an Artist de A.E. Jackson, Ryerson Press, 1943.
  • Discoverer of Insulin - Dr. Frederick G. Banting de I.E. Levine, New York: Julian Messner, 1962.
  • Frederick Banting de Margaret Mason Shaw, Fitzhenry & Whiteside, 1976.
  • Sir Frederick Banting de Lloyd Stevenson, Ryerson Press, 1946.
  • Banting's miracle; the story of the discoverer of insulin de Seale Harris, Lippincott, 1946.