John James Rickard Macleod

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "John James Richard Macleod")
Nobel prize medal.svg
John James Rickard Macleod
J.J.R. Macleod ca. 1928.png
Nacemento 6 de setembro de 1876
Clunie (Escocia)
Morte 16 de marzo de 1935, 58 anos
Aberdeen (Escocia)
Residencia Escocia, EUA, Canadá
Nacionalidade Escocés
Campo Medicina
Alma mater Universidade de Aberdeen
Coñecido por Por descubrir a insulina xunto con Frederick Banting.

John James Rickard Macleod, nado en Clunie o 6 de setembro de 1876 e finado en Aberdeen o 16 de marzo de 1935, foi un médico escocés.

Traxectoria [editar]

Obtivo a licenciatura en Medicina na Universidade de Aberdeen en 1898. En 1900 e tras obter unha praza de profesor de fisioloxía na Universidade de Cleveland, trasládase ós Estados Unidos. Posteriormente trasládase a Toronto, Canadá, onde tiveron lugar os experimentos que conduciron ó descubrimento da insulina. En 1928 regresou a Escocia para exercer de profesor en Aberdeen.

Foi galardoado co Premio Nobel de Medicina en 1923, compartido con Frederick Banting.

Escribiu nove libros, entre os que cabe destacar:

  • Recent Advances in Physiology (1905).
  • Fundamentals of Physiology (con Pearce, 1916).
  • Diabetes: its Pathological Physiology (1925).
  • Carbohydrate Metabolism and Insulin (1926).
  • Physiology and Biochemistry in Modern Medicine (9.ª ed., 1941).

Véxase tamén [editar]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia na categoría: