Músculo psoas-ilíaco

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Posición do músculo no corpo.

O músculo psoas-ilíaco é un músculo do abdome e da parta anterior da coxa. Está formado por dúas porcións, unha superior, o psoas maior e unha inferior, o ilíaco:

  • Psoas maior: insírese na columna vertebral, nas apófises costiformes na décimo segunda vértebra dorsal e das cinco vértebras lumbares. Descende cara as porcións ilíacas do coxal.
  • Ilíaco: insírese no bordo interno da crista ilíaca e nas espiñas ilíacas.

Por debaixo do arco crural únese e insírense xuntos no trocánter menor da epífise superior do fémur. Ao longo do traxecto está en íntima relación co plexo lumbar e con diversas estruturas, que inclúen os vasos ilíacos, os riles e os uréteres.

Función[editar | editar a fonte]

Ten unha dobre función:

  • Flexor da cadeira e lixeiro rotador externo da coxa, a través das insercións de orixe.
  • Flexor do tronco, a través das insercións distais.

Inervación[editar | editar a fonte]

Recibe febras do plexo lumbar e do nervio ciático.